lunes, 16 de julio de 2012

Vamos pa Ortigueira, dícia "A Banda":


Polo normal, non trato no meu blog, de temas socio-cientifico-culturales, pera desta vez (e quizás, non sexa a última), vou facer unha excepción.
Este domingo, en plena crise do "Nordestazo Rock", despertei non por casualidade, no festival folk de Ortigueira.
Máis de 20 anos dando caña, perros e flautas, e nós nun pasado lonxano aportando o noso gran de area. Un festival considerado un dos "meirandes" festivais de música folk "du mundo". E formando parte deste evento, e non "sen querer", estaba a nosa "Bandiña de Malpica", unha pequena aportación ó festival, pero unha gran aportación para cada musico e familiar da banda.
Xa era a segunda vez, pero por "pura ignorancia musical", non puidera asistir á primeira. Acostumado a ver aqueles maraviosas bandas de gaitas que viñan do "cu do mundo", Irlanda, Escocia, Australia, Vigo, a saber, e eu zapateado, ca miña tenda de campaña e "dopado", esperando a que me viñesen recoller para volver despois dun find-folk demoledor, á vida normal.
Aquelas bandas, que che poñían os pelos de punta ó escoitarlle os sons que emanaban aquelas gaitas, aquel ritmo acompasado, aqueles tempos... Nunca pensei, que anos despois, aquelas bandas que ían en procesión polas calles de Ortigueira, unha delas sería, a banda do meu pobo, formada, non por un tal McArthy instremental director,McFlanagan, McRaddy, etc..., senon por nomes como Chaparreta Tol, Melisa, ... nomes coñecidos, veciños e incluso pola miña grande e única (por ahora) "irmancisma" Eviña.

Aquela situación resultaba incrible, toda Ortigueira, estaba bailando ó son da musica da "Banda de Malpica; AC.Malante", e o peor de todo, era que pedían : "OTRA; OTRA...". un momento maravilloso. Un público selecto caía rendido, pola música da nosa xente, estabamos entendendo o significado da palabra "Grandeza", estabamos entender o gran poder DA JAITA!! (permítense chistes fáciles)!!.
Eu taba alí para velo, quizas non moito en ialma, pero sí en corpo.
Eu podo dicilo: "¡¡¡Tiven en Ortigueira, vendo como a Banda de Malpica, ardía Ortigueira!!!".
Infinitamente agradecido de ver semellante espectáculo.
¡Sodes Grandes!
¡¡¡¡LUUUUUMEEEEEE!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario