miércoles, 9 de marzo de 2011

Resultado carnavalesco.

Como sobran as palabras, desta vez vouvolo resumir en imaxes:
Venres (Tablao Flamenco):
Coa colaboracion de: Inks,Ciscus,Ars e Davis

Metido no papel...
Sábado (Escocia is comming..):

Sabado (noite...de "Puta china fina..."):

Coa colaboración de última hora de John Rambo, chegado dos lonxanos países de Oriente. E coa baixa de Ars ,por Defunción do Venres.
Luns: (No traballo...):
Profesionalidade ante todo.
Luns, pola noite de Trepa, sen pantalóns...buscando un ascenso fácil.


Pois aqui se resume o aburrido finde de esta semana.
Despois de varios dias de aguantar ós pesados disfraces..pois o corpo pagounas con creces.

Coitelo no corazón, ollos nas covas, cor blanquecina... Morrer e namais...

viernes, 4 de marzo de 2011

Venres de Carnaval

No currel, é triste facer tempo pa que chegue o dia.. pero ó fin aquí ta o "find du Carnaval..."!!
Toda a semana, sen ser capaz de mirarlle á cara o xefe nin os meus compañeiros, sen ser capaz de ir o café, tan só polo mero motivo de que a todos os imaxinaba con narices de paiaso, a algunha que outra con corninhos de demo, a outros disfrazados de "scream", coa guadaña ó lombo...( a un en particular...).
Foi duro aguantar a risa naquelas situacións, o xefe meténdoche a bronca de cousas que ó teu ver non tiñas ningun tipo de culpa [:-)], e el R que R, e ti, pensando, "meu deus, vaime clavar a gadaña o Scream este, ¡Mala chispa o confunda!.
Foron dias oscuros e sombríos que ó fin, acabaron!!.
Xa é carnaval!! tan só quedan (son ahora as 11:34) cerca de tres horas.. das cales unha como mínimo será de café!!. Todo se ve doutra cor, respírase compañerismo e bo rollo!!!, ata as blancas paredes do zulo este, parecen que colleron algo de colorido, quizas sexa o MOHHO!!ou quizas sexa eu, que xa alucino..!! a saber.. pero color teñen..!!
Todo e maravioso, de luz e de cor, diante quedan 5 días de duro disfrazamento.
Esperemos que estemos a altura da situación e sexa un macro-find pa non olvidar nunca!!
VIVA O CARNAVAL!!!!!!!!!!!!!!

Licor do nejhro cáfé...

Venres 25 de Febreiro, Lamatumbá na sala O Tunel.
Días concienciándose un, de que tería que ser un venres tranquilo.
O primeiro grupo "Loretta Martín", foi moi tranquiliño tanto, que só vimos a metade do concerto por deixadez da tropa.
As burbullas de cebada empezaban a fermentar no cocote de cada un de nós...e chegaron eles....Lamatumba, dúas horas de concerto + bis, cero minutos de descanso entre canción e canción. Cero personas paradas na sala e cero, cero minutos de aburrimento.
Daba igual que che gustase ou non esa música, respirabase bo rollo, ambiente Perro-flauta, propio de épocas estivais, facía a súa aparición no grupo ourensán.
Nenas e nenos, e nenas e nenas e nenas e nenos, bailando ó son da Verbena´s music de Lamatumbá.
Maravilloso momento, acompañados de boa tropa e bo rollo.
Quitando de que o acabar o concerto Sergio Manuel tronzou, e tivo que ir pa casiña....pero bueno gajes del oficio.