viernes, 13 de julio de 2012

Fai tempo que non vos escribo, nada. Non vos teño olvidados o que pasa é que ando ca mudanza, o cole dos críos, a clínica de fertilidade da muller; o típico vamos que xa sabedes. Pois nada, unha entrada coma esta tiña que poñela, non se me podía escapar. Unha viaxa algo "rara", co meu amigo Portillo, pero que no fondo, foi unha viaxe moi gratificante e constructiva. Un acto de deshinibición necesario, despois da presión diario á que estamos sometidos. Céntrome e úbícovos: Barcelona, Parc del Forum, cañas a 4 euros, facendo tempo pa que tocase...Parov Stelar. Apatrullando o recinto resulta que tocaba de primeiriño de todos un puretilla sen camiseta ca pel toda caida.. e mais seco ca unha pasa, chamabanlle ó grupo IGGY POP, qué dicir deles... fiestón asi en Seco..., faltoulles a de "I´m a passanger", pero bueno.. moi pasables. Seguimos patrullando e encontrando o noso sitio, e zas en toda la boca, "DEpedro", un dos meus meiores descubrimentos do 2010, e ali taban.. tocando pa min, sen querer sabía mais do 75% das cancións. Qué sensación, beber, bailar e cantar con xeito...!!. Xa nada podía chafar esta noite, Gogol Bordelo, deron o máximo esperado, moito axudou a caña de 4 euros, ainda que tivo cojonudo. O climax, acercábase, Parov estaba a chegar. Momento cúlmen, momento cagarse, momento esperado, apaganse as luces. baixón anímico, e zas fogonazo e Parov nos vinilos e a sua maraviosa banda acampañandooo: A felicidade a un palmo de distancia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario