domingo, 23 de septiembre de 2012

Just Married!!

Pois nada xuventude, finalizamos o verán cunha das bodas máis esperadas do ano, a do Gran Cebolas e mais a da Grande Eviña.
Soubose dende un principio que esa boda, non ía ser algo normal e protocolario, como podería ser calquera outra.
O día empezou normal, como todo los días, nos que tes bodas e te tes que disfrazar.

Moito postureo, moita apretadura de pescociño, coa garabata.
Pinchos na casiña rural de tella, e primeiros contactos coa "bella Donna", Eviña.
Estaba incrible, espectacular, unha pena que se casara...
A medida que o tempo pasaba, os índicios ian sendo cada vez, máis claros...
Superada xa toda a parafernalia da cerimonia, celebrada en Valarés de forma maxistral, moito canto, moito petardo, e sobre todo con moito sentimento.... Ali chorou todo o mundo, menos o "Cebolas", que taba tan "flan", que nin pa eso lle daba.
Xa tabamos sen darnos conta, metidos no papel de "desgraciados", infraxente...
Dunha boda, na que a maioría son futboleros  e Deivi, non pode saír, entre outras cousas, nada bo.

Unha auténtica obra de arte, a boda esta. Con tempo para todo, e chea de detalles.
Regalos ós novios,  regalos ós padriños e regalos a xente mais achegada.
Bailes dende o final do primeiro plato, coreografías dos camareros, mentras nos servian a comida, unha música acorde ca xente que estaba e co evento que representaba, uns invitados volcados en pasalo ben, e uns novios, en todo o momento disfrutando a tope da súa cerimonia.
Tan só dicir, que foi un día e unha noite, fantasticas, ainda que ahora esté escribindo esto, cun resacon que pon medo.
Unha boda, na que non se puido considerar tal cousa, senon. unha auténtica FESTA, e bo rollo!!.

¡¡FELICIDADES!! e que !!VIVAN LOS NOVIOS!!!