martes, 18 de octubre de 2011

Carreira da Auga, Sada Outubro 2011.

Ahora escribindo o titulo desta entrada do blog, acábome de percatar por qué esta carreira tiña este nome tan peculiar....ibamos necesitar moita.., para acabala.
Enésima carreira, que fago co compañeiro de batallas, Portillo.
Todo era moi bonito, moita familia, moito meniño coa sua mami, moi emperifollada, animando "a su marido", que na vida sudou mais de catro gotas. A tipica carreira de "mataos", alí tabamos nós. Os profesionais, son neste caso coma a "Santa Compaña", todo o mundo sabe que existen, pero nunca nadie os viu... Eles (os profesionais, os do pantalon moi curto e moita gafa de sol...) corren unha carreira aparte. Cando nos arrancamos e empezamos a "rodar", eles xa tan celebrando o "titalo", en fin cousas do directo. ¿Qué dicir deles?, tamen teñen o seu mérito,pero vamos, eu non corro por cartos (;-)), ¿qué me solucionan a min uns 2000 euracos que poden levantarse os espritos estes, en cada carreira?, en fin, biruta..!!!.
Buenos, centrémonos nas personas reais, nós, as de carne e oso.
Pensabamos que iamos afronta-la carreira, mais ou menos ben, ata que nos demos conta que habia 4 km, de infernal subida. Como bos galegos dixemos: "Maloserá?", pero o c... 29, morrer non era nada, o peor era quedar mal.
No km 3 vemos o primeiro, das "pantasmas", "jripar", adeus carreira pa el. Acababa de caer un dos "bos", enton nos??, que ía ser de nos?, aminoramolo ritmo ata velocidade de cruceiro, e nese momento que empeza a coller alento e ver ónde estaba, escoito para rematalo a sirea dunha ambulancia....ACABARAMOS!!!!!. Desta non saio pensei eu...
Teño que dicir, que me afundin na miseria, nese momento, o Portillo coma unha bala, "ajadeava", por esas costas que era moito, nin Pantani,nos seus meiores momentos nas cronos de montaña.
E eu, tirando de "pundonor", pero desexando acabar.....
Pasamos avituallamento (km 5 +-), curva a dereita, e vexo a un pobre diablo, "tronzado", case a piques de meter a mascada...
Abordame outro pensamento....."Son ben pobre, la virgen.."..
Seguimos, a diante, non por outro motivo que por non quedar en vergoña con Porto. Se el nese momento me dixese que abandonaba, eu faríao tamén, pero non caiu esa breva.
Km 6 empeza o descenso ó ceo, a saída do inferno quedaba, xa na nosa popa, a carreira viraba doutra cor.... Vamos Portillo...!!!, que xa non keda nada.. ali tabamos os dous,coma motos.. dándolo todo.....!!!
Pa baixo todolos santos axudan, é certo!!.
Cómo puidemos chegamos á meta, xa non eramos personas normales, eramos simples e meros desperdicios humanos, basura orgánica, en polvo nos convertiramos!!!.


A media hora de rematar a carreira, fomos quen de empezar a falar o un co outro, e chegamos a conclusíon de que fixeramos unha gran fazaña, rematando esta carreira.
Un bo sentimento de (non sei que...), nos invadiu, vamos que foi unha boa sensación de benestar.
Desgraciadamente repetiremos.
Musculos do noso corpo, aguantade un pouco mais, ó fin xa ta cerca...!!!

lunes, 10 de octubre de 2011

Coruña 10 (2011)

A crise, todo mundo sabe, que agudiza o inxenio.
A crise é simplemente un factor temporal e perecedeiro (¿perecedeiro?). Estamos en crise cando os "activos" (ingresos), non superan ós gastos ("pufos"). Enton é un factor temporal saír de esta maliciosa espiral.
Como os activos, de forma legal non se poden aumentar, temos que reducir os pufos.
Neste segundo aspecto, podemos diferenciar dúas formas lexítimas de facelo:
1.- Quedar na casa. (CASSING).
2.- Non jastar perra. (PASSEING).
No punto primeiro o tempo sinxelamente conxélase, e a túa vida reducese á contemplación onírica do sofá.
En cambio no segundo point, pois logras ver a luz do día, pero pouco maís. ¡Se respiras...pagas!, entón o ámbito de acción redúcese considerablemente a actividades ó aire libre.
De ahí, outra vez a fazaña de "correr", sen gasto de bolsillo, tan só físico.

Pois lo dicho, a correr... mentras sexa gratis.