miércoles, 18 de abril de 2012

42.195 metros.

Soen dicir que na porta da trintena, un xa ten todo máis que controlado e tan so lle queda vivi-la vida da mellor forma posible. Os retos fanse na "veintena", e na "treintena", disfrútanse.
Paseos matutinos co "carri-tronqui", arroupando ó churumbeliño que non teña frío, xa que a muller te votou fóra da casa, porque ten que pasar a aspiradora e facer as camas e non quere a nadie no "fogar". Como quen pasea a súa mascota, ides os dous pola aceriña mortos de frío e sono, pero eche o que hay é a vida que elixiches, ou o peor de todo, ¡quizas non sexa a vida que elixiches senon a que che impuxeron!.
Gracias a deus, non todos, (por ahora..), somos así. Algúns os retos empezamolos a afrontar ós trinta, ou cerca deles.
O cambio de díxito pola esquerda na túa idade, implica moitas cousas, non só que as amigas de túa irmá te vexan como el "rockabilly anacrónico", senon que involuntariamente faiche pensar no teu pasado, e en qué tiveches queimando os teus días, en nada bo....obviamente.
Pois un dos efectos máis visibles desta lenta agonía, que é ter xa case o cambio de díxito pola esquerda, no meu caso é experimentar, todo o que non experimentei ata agora....¡mal vamos...!
Nesta entrada vouvos contar a miña primeira fazaña, que quedará marcada pa cando pasee ós meus netos, eu co tacataca e eles cas bicis con rodas lenticuladas, (bueno quizas pa aqueles tempos xa sexan, simuladores de bicis con rodas lenticuladas...), e poida dicir: "Pois no ano que cumplín trinta, fixen...".
Fixen...ou mais ben fixeronme facer... correr unha MARATON!!, e ben contento que quedei.
Foi un entreno semi-duro,xa que compaxinar traballo e training é duro e mais se é pa matadas coma esta. Pero bueno conseguiuse facer:

Da salida, arrancamos. Non as tiña todas comigo, cando empezamos xa que a semana anterior, pois padecin de todo, contracturas, gastroenteritis, dolores de cabeza...etc..(ahora dias despois doume conta de que era por que estaba cagado).
Ahora todo é moi bonito, recordando o que xa se fixo, pero como ben dín, que unha imaxe vale mais ca mil palabras, ...(imaxinadevos tres imaxes...)



Este é o resumo dos oito primeiros quilómetros, diluvio universal que nos caiu, empapados o resto dos 32.195 metros que nos faltan por recorrer.
Pero bueno grazas a deus, todo eso finalizou, moi bonita a experiencia ainda que me quedo cunha imaxe, en particular: A imaxe da personificación da agonía, do arrastramento humano elevado ó máximo nivel, ... a foto de chegada a META:

A meta, ansiado triunfo ó que non todos puideron chegar. "me encanta, ....".
P.d: Ahora vendo as fotos, toume dando conta que corro, cas pistolas desenfundades sempre, jajajaja. "ElGUERRU, the Shooter". jijijjiji.
Bueno, fose como fose, ahora xa ta listo, e ben contento que tou, tarderei en volver a facer algo así... (ou quizás non!!..), pero o que sí que ta claro que a 18 de Abril de 2012, ainda me quedan moitas cousas únicas por facer, antes de telos trinta.
Dios o queira, e me permita facer barbaridades destas ata os oitenta, despois...pasearei ós netos.

domingo, 8 de abril de 2012

1924 Angustias...

Semana Santa, polas nubes. Abordámolo pico Mustallar en pouco menos de tres horas.
Todo o que se fai en boa compañía resulta, moito máis "alentador" e moito máis completo.

Resultaba fácil pensar que todos, seríamos capaces de chegar ó cumio, ainda todos o intentamos non todos o conseguimos. Ainda que as ganas se puxeron todas no asador, en certos cosas non foron suficientes.
De todas formas, nestes casos, o mais importante é sempre o día que pasamos todos xuntos, os laios de desesperación de algún e os xuramentos doutros.
Bo día de superación, sen moito frío exterior pero con moita calor interior, xa que o que mais ou menos, todos tiñamos o "lombo pingando".
Encantado de abordar un "2000", con vós, e esperemos que se repita algunha fazaña destas moi proximamente.