jueves, 29 de diciembre de 2011

A última do 2011

uffffffffffff, aki tou a última da tarde deste 2011, as 18:47. Dende Agosto sen ganas de facer nada,pero ahí tivemos facendo "paripé" e enganándonos a nós mesmos de que realmente valemos pa esto.
Quizás neste ano novo, algo cambie, dios o queira!!!. Senon cambia, pois tan só agradecer esta situación, na medida do posible.
E listo....!! a Queimar o 2011.!!!! Pero que ganiñas teño de marchar daqui, e non volver a ver o 4 calvas este , e o motorraton de los mares, que mi maa!!, vaia xente.!!
Lo dicho.
Feliz ano..!!!!.....

lunes, 19 de diciembre de 2011

Vergoña myself.


Non saio, non saio, non saio, non saio, ...
Pero cando saio...Vergoña!!!
Pero qué falta de decencia por dios!!!.

Calendario "Liga", 2012.

Se me disfrazo tódo-los días pa ir traballar,como non nos vamos disfrazar para razóns cómo esta.

Garrick.


David Garrick fue un reconocido actor inglés del siglo XVIII. Estaba tan extraordinariamente dotado para la comedia, que los médicos recomendaban sus actuaciones como una especie de remedio mágico, capaz de sanar cualquier pena del alma.

martes, 18 de octubre de 2011

Carreira da Auga, Sada Outubro 2011.

Ahora escribindo o titulo desta entrada do blog, acábome de percatar por qué esta carreira tiña este nome tan peculiar....ibamos necesitar moita.., para acabala.
Enésima carreira, que fago co compañeiro de batallas, Portillo.
Todo era moi bonito, moita familia, moito meniño coa sua mami, moi emperifollada, animando "a su marido", que na vida sudou mais de catro gotas. A tipica carreira de "mataos", alí tabamos nós. Os profesionais, son neste caso coma a "Santa Compaña", todo o mundo sabe que existen, pero nunca nadie os viu... Eles (os profesionais, os do pantalon moi curto e moita gafa de sol...) corren unha carreira aparte. Cando nos arrancamos e empezamos a "rodar", eles xa tan celebrando o "titalo", en fin cousas do directo. ¿Qué dicir deles?, tamen teñen o seu mérito,pero vamos, eu non corro por cartos (;-)), ¿qué me solucionan a min uns 2000 euracos que poden levantarse os espritos estes, en cada carreira?, en fin, biruta..!!!.
Buenos, centrémonos nas personas reais, nós, as de carne e oso.
Pensabamos que iamos afronta-la carreira, mais ou menos ben, ata que nos demos conta que habia 4 km, de infernal subida. Como bos galegos dixemos: "Maloserá?", pero o c... 29, morrer non era nada, o peor era quedar mal.
No km 3 vemos o primeiro, das "pantasmas", "jripar", adeus carreira pa el. Acababa de caer un dos "bos", enton nos??, que ía ser de nos?, aminoramolo ritmo ata velocidade de cruceiro, e nese momento que empeza a coller alento e ver ónde estaba, escoito para rematalo a sirea dunha ambulancia....ACABARAMOS!!!!!. Desta non saio pensei eu...
Teño que dicir, que me afundin na miseria, nese momento, o Portillo coma unha bala, "ajadeava", por esas costas que era moito, nin Pantani,nos seus meiores momentos nas cronos de montaña.
E eu, tirando de "pundonor", pero desexando acabar.....
Pasamos avituallamento (km 5 +-), curva a dereita, e vexo a un pobre diablo, "tronzado", case a piques de meter a mascada...
Abordame outro pensamento....."Son ben pobre, la virgen.."..
Seguimos, a diante, non por outro motivo que por non quedar en vergoña con Porto. Se el nese momento me dixese que abandonaba, eu faríao tamén, pero non caiu esa breva.
Km 6 empeza o descenso ó ceo, a saída do inferno quedaba, xa na nosa popa, a carreira viraba doutra cor.... Vamos Portillo...!!!, que xa non keda nada.. ali tabamos os dous,coma motos.. dándolo todo.....!!!
Pa baixo todolos santos axudan, é certo!!.
Cómo puidemos chegamos á meta, xa non eramos personas normales, eramos simples e meros desperdicios humanos, basura orgánica, en polvo nos convertiramos!!!.


A media hora de rematar a carreira, fomos quen de empezar a falar o un co outro, e chegamos a conclusíon de que fixeramos unha gran fazaña, rematando esta carreira.
Un bo sentimento de (non sei que...), nos invadiu, vamos que foi unha boa sensación de benestar.
Desgraciadamente repetiremos.
Musculos do noso corpo, aguantade un pouco mais, ó fin xa ta cerca...!!!

lunes, 10 de octubre de 2011

Coruña 10 (2011)

A crise, todo mundo sabe, que agudiza o inxenio.
A crise é simplemente un factor temporal e perecedeiro (¿perecedeiro?). Estamos en crise cando os "activos" (ingresos), non superan ós gastos ("pufos"). Enton é un factor temporal saír de esta maliciosa espiral.
Como os activos, de forma legal non se poden aumentar, temos que reducir os pufos.
Neste segundo aspecto, podemos diferenciar dúas formas lexítimas de facelo:
1.- Quedar na casa. (CASSING).
2.- Non jastar perra. (PASSEING).
No punto primeiro o tempo sinxelamente conxélase, e a túa vida reducese á contemplación onírica do sofá.
En cambio no segundo point, pois logras ver a luz do día, pero pouco maís. ¡Se respiras...pagas!, entón o ámbito de acción redúcese considerablemente a actividades ó aire libre.
De ahí, outra vez a fazaña de "correr", sen gasto de bolsillo, tan só físico.

Pois lo dicho, a correr... mentras sexa gratis.

lunes, 26 de septiembre de 2011

XIV Carreira Popular Arteixo (10 km)

A moito pesar de algún, foi capaz de apartarse dos malos actos e abstraerse do vicio.
Sobre porse ás 08:00 A.M, e dirixirse á Arteixo a rompelas pernas.
Pois certo, coma un machote, el e dous máis (Portillo, e o Facturas).
Grandes donde los haya!!!.
Prueba del delito.
Great...!!!


Datos verídicos:
Pto Dorsal Nombre Sx PtoCat T_Oficial RitmoKm T_Real RitKmReal
173 229 JAJO SNM- 47 55:09 4:36 54:38 4:34

viernes, 23 de septiembre de 2011

Confesorio.

Hoxe 23 de Setembro, un mal día na miña vida. Acabaseme de atragantar o puto examen de Trailer (E). Vinte millóns de prácticas invertidas, medio pulmón pa costealas, e OSTIAS!!!, un gran capote!!!. Duración del examen: Menos de un minuto. !HASTA MECAWENLAPUTA!, ¿Cómo se pode ser tan burro...?.
Pero qué fácil é joder o día, ahora aquí no traballo, cunha mala ostia que non vexas.
Dios bendito..., que gran basura!!!.

martes, 20 de septiembre de 2011

Ultra senderismo.

Unha fin de semán, sen compromisos, converteuse nunha fin de semán de grandes obxetivos cumpridos.
A ruta senderista Malpica-Faro de Corme, que "apriori", mostrábase case infranqueable; converteuse nunha mera aventura.
O enfermo do "Peseto", mais un cumplidor, fixemolo percorrido, en menos de catro horas, pa ser mais exactos 03.45 horas. Todo transcorreu sen ningunha contraindicación, todo seguindo os plans principais, que eran ningún, ¡Tirar pa diante e listo!.
Apartando o máximo posible das rúas xerais, e pouco mais.
Chegamos, vimos e vencimos. Chamadiña a Manolo do Jajo, e rumbo, sanos e salvos pa malpica.
¿Cal será a próxima?.

viernes, 9 de septiembre de 2011

Percebes Party

Rara vez os astros se alinean, para facer coincidir a sede co sono. Mañán de sede, finalizaou en tarde de sono.
Todo o día de relacións públicas en Corme City, drinkeando e balbuceando con antigos amigos de fazañas.
Comer?, ¡¡nunca "jamás"!!; ¿Beber?, pois moita sede tiñamos. Quintos e máis quintos, nun intento loco, de recorrer as tabernas todas.
Un ambientazo era o que había, e esto era o que incitaba a violencia etilica.
O día foi transcorrendo, a duras penas, ata que tivemos unha idea maraviosa, "Empezar a Charpazos". Como dí unha amiga miña, ¡Acabaramos!. Empezaríase a nublar o leste...e todo se tornaría nuna pendente pronunciada descendente, (e sen frenos).
A eso das seis ou sete da tarde ,(creo que foi sobre esa hora, pero hai certas dudas), outra idea xenial, "caracterización propia dun mesmo". Simplemente buscabamos a orixinalidad, e entón veunos a cabeza un "brainstormin", Pintar a cara e mais rompela camiseta.
Gran pena era a que dabamos, pero nós sen facerlle caso a nadie eramos felices, coa nosa cara pinta e a nosa camiseta "feita xiróns".

Desbordabamos tanta vitalidade, que o menda tivo que ir descargar adrenalina ó cruce de Brantuas.
En fin, noite meiga donde as haxa.
Agradecementos especiais a:
-Porto, picaraña ,por que sen ti o mareo non sería o mesmo.
-A Mato, por facerlle mais kilómetros ó coche dos indicados.
-O Charro, por se-lo meu principe azúl.

viernes, 19 de agosto de 2011

Semana Musical

Festas en María Pita.
1)Lúns, festivo; concerto de Luz Casal:
Pa ir tanteando a semán, "conciertaso" da de Boimorto na praza de Maria pita. Un agobio de la ostia ca de xente que había e ela sen defraudar.
"Negra sombra", mortal canción pa darlle moitas voltas a cabeza.
Damoslle un 8.7,pola cantidade de xente que había, das cales moita non deixaba de incordiar.
2)Martes, Luar na Lubre.
O concerto dos concertos, un 10 en toda a regla, moita xente pero sen o agobio do día anterior. Incribles eles, sempre a donde van, e sin desprestixiar ós outros músicos, "cómo toca a gaita Bieito", que maravilla.
Será porque son galego ou non sei por qué, que cada vez que este instrumento sonaba, o estómago encollía.
Varias conclusións saquei desta actuación:
-Que a Gaita, é a simbolo orixe dentro da música tradicional galega, como o é o Percebe dentro do mundo gastronómico do marisco.
-Maldito os días que xogabas cas flautas como se fosen espadas, desperdiciando un valiosisimo tempo de aprendizaxe dado nada mais e nada menos que por Bieito Romero, Mercedes Peón entre outros. Qué desgracía, como me gustaria hoxe en día saber toca-la gaita!!!!!! (entendese como instrumento musical)
3)Mercores, concerto de "Di elas", con Luís Tosar.
Pois o tema, estaba claro que non ía ser comparable os dous concertos anteriores, pero había que ir ver a "Malamadre", e fartarse un cacho de rir.
E así mesmo foi, tocaron pouco mais de hora de cuarto ainda que moi ben amenizada polas incursións de Luis Tosar e Piti Sanz, que son uns putos cracks.
Tablas no escenario, non é o que teñen, senon un gran tablon, unha biga desas das casas antigas que servía para aguantar todo o teito. ¡Mi ma! salían das situacións comprometidas en menos de nada. Un rato moi ben agradable o que nos fixeron pasar.
E definitivamente o Luis, Piti, o BAteria o baixiste e o Teclista, uns cracks...
Moi ben así da gusto, boa noite de mercores, unhas risas.. e ... morrendo pa casa.
Ahhhhhhhhhhhh, que me esquencía, e pa rematala.....O Madrid perde 3-2, no Camp Nou frente o Barcelona a Supercopa.
¡Encántame...!!

miércoles, 10 de agosto de 2011

Desembarco Viking-kong.

Gran fin de semana este......sí señor. De todo e en grandes cantidades.
Venres noite, Catre, por si las moscas.
Sabado: Empezaba o bo.
Pola mañá mais ou menos cediño, fumos rumbo pa Catoira, previo desembarco en Cambados, para amenizar un pouco o dia e "jorxear" un aljo. "Chegamos, vimos e vencimos", así foi.
Chegamos e o primeiro que escoita á miña popa.."jajoooooo", que alma en pena me podería conocer a esas horas, neses sitios?????, pois Aracelix, mala sorpresa a nosa cando nos percatamos que non taba sola, senon que taba con máis dexenerados, Ciscus, Martax e Fito. Lio asegurado. Viño a raudais. Jorxa moi pero que moi lubricada; resultado: Gran Bazán->4, "XXXX"->2, "Pomba e Lola" (creo que se chamaba así)->4.
Conclusión despois dos viños de Gran Bazan, todo foi en declive.
Con raspeta nos tiveron que quitar de Cambados, pero ese non era o noso destino.
O noso destino era a Vila Vikinga de Catoira, na cal había que entrar xa moi ben caracterizados...

O sabado unha cea maravillosa, na cal a comida quedou en segundo plano debido a dexeneración que habia polas mesas...Xente cuspindo viño, outros dandolle co mazo encima da mesa.. e as ventosas do pulpo pegadas ó teito da carpa, incrible pero certo. Vikingos en acción!!!
O acabar.. tocou.. tomar keimada.. qué festa vikinga non ten keimada!???!!!! pois pumba.. mais e mais....
Intentouse alargar a noite como se puido..pero tal velocidade non é xa para carrozas coma min, e houbo que rendirse ó inevitable, ..CAMA!!.
Morto, e mais ca eso.. fumos pa tiendda.. durmir un algo....pa coller forzas po Gran dia..!!, O domingo. O día ansiado por todo vikingo de ley, o día do Desembarco...!!!!
Nada tiña que ver o sabado, co domingo, o recinto onde se ía celebrar o "Desembarco", converteras nunha masa de personas con "cornos"..jajaja, tal cual.

Foron as risas..sen dúbida...moito me rin... e moi ben o pasei. Despois do Jorxeo Vikingo,pois chegaba o mais ansiado de todo.. e o que levabamos esperando dende o principio de semana, O DESEMBARCO!!!!.




O máis gracioso era que os lugareños, querían quitarse fotos con nós, eso significaba unha soa cousa, acababamos de "dar o pego" e víamonos aceptados como "Auténticos Vikingos".

domingo, 31 de julio de 2011

Eu sobrevivín ó 3º Nordestazo Rock.

TUNDISMA, é a palabra que difine o estado no que "pulularon" pola vida as personas que estiveron traballando no Terceiro Nordestazo Rock.
Pola mañá, "sardiñada e xurelada", e eu facendo de "fogonero", avastacendo as dúas parrillas que había e que non daban a basto de sacar peixe pas "jaivotas". De arriba, Un sol abrasador, caía sobre nós e de abaixo a calor da "cachela", queimándonos as pestañas, e no medio, nós, unha tira de carne, seca e queimada, que nin o máis famento dos cans comería. Aquelo, como ben diría o noso amigo "John..", "era un inferno".
Despois de fartarnos de facer racións de peixe pos "invitados", empezaba a "Operación champú", limpeza de cara, á "helipista" do porto, para deixala ben "juapiña", para os tralleiros.
Breve momento "en coma", na praia, e as 21:00, volta a empezar.
Servir copas, como dexenerados, de 23:00 a 05:00, "non stop". ¡Na miña vida, cousa ó paso vin!, esperávase xente, pero NON tanta!!. E xusto o ano que máis xente había, taba eu na barra, pa poñer copas, vaia por deus.
Bandadas de Orcos-Tralleiros arrasaban por onde pasaban...nin xeo, nin vasos, nin bebida, nin tickets, nin nada. Quedouse sen unha existencia.
Os conxeladores valeiros, as caixas dos tickets (recollidos) repletas, as "llagas" dos dedos das mans de "escunchar" refrescos, enormes; os abridores, incandescentes pola fricción,...en fin ¡Ver pra crer!.
O finalizar o festival, o chiste non fixera máis ca empezar. Montañas de vasos, se divisaban pola esplanada do porto. Rañaceos de caixas de bebida (vacía), se amosaban no horizonte, un "Kaos" total, o fin dunha asoladora guerra, un campo de hormigón devastado por centos de tralleiros saltando ó unísono, unha "Gran putada, pos que tiñamos que rocoller..".
Entre xuramentos, soplidos e o lombo entablillado, foise levando a cousa bastante ben, e pa cerca das 07:00, xa estaba todo case "empatenado".
Despois, reptando; puidemos chegar á "ruta da parrochiña", e pedir unha maxi-copa, que soupo a "jloria divina". O líquido baixaba pola gorxa, como auga de Maio, e ó chegar ó estómago, ... home ó chan, "en coma", EXITUS!!. Toda a túa vida pasaba por diante dos teus ollos, mentres o corpo empezaba a flotar. Unha estraña sensación de formigueo, che ía trepando polas pernas, o son das conversacións dos teus compañeiros, esvaecíanse progresivamente ata chegar ó mais profundo dos silencios.
Era o efecto dunha "copichuela", un mero líquido alcólico, que baixo os efectos do "Nordestazo", multiplicaba en ti, a sensación de benestar.
Remataba entón pa ti, unha noite máxica, divisando os primeiros raíos de sol, cas "Illas Sisargas" de fondo de pantalla, e os teus amigos dicíndoche: "¿tas ben?...¡¡¡tas palido...!!!! ;-).
Noite Meiga-tralleira, en Malpica, so dicir que hoxe, lúns, como dícia a canción "hoy, no me puedo levantar, el fin de semana me dejó fatal..", moitos serán os palabras que se utilicen para describir esta terceira edición do Nordestazo, pero só unha mostrará en toda a súa plenitude o devastador efecto do Nordestazo.
¡TUNDA!.

viernes, 29 de julio de 2011

Nordestazo Dreams.

Nordestazo Rock in Malpica (city without laws, ;-)). Os "mijos", este ano celebran o terceiro ano do festival, esperemos que todo lles vaia ben. Dende aki dar unha mostra de afecto a toda a organización. Ojalá que nadie quede sobado no "Backstage", cos pés encima dunha mesa, ou k beban algún dos barriles de cerveza destinados ó público.
Eu estaría alí, se deus quere, facendo cumpli-la ley!!.
Moita forza Tralla, e outro anos máis eu espero poder dicir:
"Eu sobrevivín ó 3º Nordestazo Rock!!!".

Festa Da Dorna (Ribeira).

Xente, Xente, Xente, sombreiros de palla, "Ray-ban" sen cristales, moito vermú, Jitarras españolas de catro cordas, campings no cú do mundo.
Este podería ser "el sueño de una noche de vera-no", pero non, foi a bendición da find pasado, a Festa da Dorna. Este ano non vimos a Toñito de Poi, co corniño na Testa, pero bueno tivo ben de todas maneiras.
Xente xoven, con ganas de pasalo ben, moitas comparsas e moito colorido.
Moita Dorna, sí señor, (sinto non por fotos, pero ultimamente tou dun lordchan k non vexades).

domingo, 17 de julio de 2011

San Xoán

En Malpiquiña este ano.. e moi pero que moi ben.
Cousiña familiar, pero moi curiosiña. Boa compañía, área maior e jorxeo.
E fóra meigas. Totalmente purificados. Queimada divino tesoro.

martes, 28 de junio de 2011

O boi de Allariz.

¡Ahí ven o boi!, Ahí ven o boi, ahi ben o boi, ahiiiiiiiiii ven oooooooooooo boooooi..!!
E asi transcorreu todo o sabado pasado, na Festa do boi de Allariz.
Uns 35 graos, non baixaban nin as cañas; incrible pero certo.
Moi pero que moi bo rollo, todo xente nova, con ganas de pasalo ben, ningun tarzán de la selva, (a ver supoño que algún habería, ainda que eu non me dei conta.), todos pola vella!!!!.
Moi bo rollo, repito, moi bo rollo. O sitio incrible todo pedra ó lado do Río Arnoia.
Maraviosa paisaxe, con moi boa compañía, peido alegre e feliz. Comendo o bacadilliño na beira do río, con ela.., gratificante momento!!.
Po ano outra, pero desta vez con sombrilla.

lunes, 27 de junio de 2011

Lucus Arde!!!

O pasado fin de semana, tocoulle o "Arde Lucus", por deprimento de San Adrián de Malpica.
Foi unha elección moi dura, ainda que ó fin valiu a pena.
Curiosa sensación a de ir disfrazado de senador romano coa corona de Laurel na testa, e ensañando pantorrilla e moi moi suelto.
Ambientazo incrible, cabalos, cornamentas, e moito licor de café.
Unha festa para repetir, sen dúbida ningunha.
¡Ave Arde Lucus!

jueves, 9 de junio de 2011

Pesadelo endiabládo.

Estes últimos días sucederon en Malpica cousas horribles. De ahí que os ánimos estén polo chan.
Como se soe dicir, nestes casos o importante é levantarse e seguir pa diante, pero non sempre é fácil.
Cando afecta a túa xente, a xente do teu entorno; e ves que os teus tan tristes, ineludiblemente ti tamén o tas.
Temos que buscar o lado positivo, o lado que menos dano nos faga e seguir pa diante. Axudar ós nosos, nestes momentos e axudarnos a nós mesmos a ser mellores personas.
Que non serva de precedente esta reflexión filosófica, neste blog. Esperemos non ter que publicar nunca nada máis, relativo a este tema ou parecidos.
Só dicir e desexar moito ánimo, para toda a xente que o esté pasando mal.
Dende "Mundo Macheta", unha aperta moi grande a todos.

martes, 24 de mayo de 2011

Reflexións dun martes...

Estamos a 11.26, dun martes calquera. Este fin de semán descendiu o Depor a Segunda división, un baixón que te cagas!!. Manda C.., nunca fun moi futbolero, pero o sabado no estadio, case choro e todo, incrible o que pode facer ver a 22 tíos pegandolle patadas a un balón.
Hoxe Martes, a vida segue. Seguimos no traballo, como fai case 5 anos e todo igual, (desgraciadamente). Dentro de media horiña máis ou menos levantareime deste cuchitril e irei tomar un cafeiño a ver se me despexo un pouco, e empezo a deleitarme das maravillas da vida. Un bo día de sol, por exemplo.
Traballo casa, casa traballo, e así durante moito tempo, (e ainda que non me gusta, teño que dicir, que nunca peor. Hainos moito peor ca min!!).
Esperemos que a medida que vaia pasando a semán, cambie tamén a cor dos días e do noso ánimo.
Pa este fin de semán hai moitos, bos planings, esperemos que non se "fodan", por algún tontería.
Corto e cerro.

lunes, 16 de mayo de 2011

Media Maratón.

Fin de semana moi pero que moi físico. Demasiado diría eu.
O machote de Porto máis eu decidímonos de particiapar na 3ª Media Maratón Cidade da Coruña (21km), así en frío!!, sen entrenar nin ostias, eso é de cobardes.!!
E ahora (lúns), tamos padecendo os daños colaterales.
Non andamos, as pernas parecen os bloques da punta.
O Estómago parece unha lavadora,etc.
Esperemos que esta sensación pase pronto.
Aquí unhas fotos:


Neste momento creo que é necesario aclarar uns pequenos detalles:
¿Por qué motivo empezamos dous minutos tarde a carreira?
-Pois polo simple feito que 15 minutos antes de empazar tivemos que ir polo coche ó "depósito de coches", por que a p... grúa, acababa de levárnolo.
¿Por que, eu tou sen dorsal nas fotos?
-Coas ansías de chegar á carreira a tempo, cambiamonos a todo meter,... olvidando os imperdibles, necesarios para colgar o dorsal do peito, enton... tiveno que gardar "Dentro das mallas".
¿Por qué cando levabamos 20 metros de carreira, xa tabamos sudando coma porcos?
-Porque aparcamos o coche cerca da av.Finisterrre, e tivemos que ir correndo ata os Cantóns para empezar a carreira.. (1,5 km).
Concluíndo:
-Chegamos dous minutos tarde a carrreira.
-Fixemos, contando a distancia recorrida, entre o coche e a carreira, 2 km mais.
-Que nos doblaron, na primeira volta.
-Que nos adiantou un "marchista".
Quitando todo esto e olvidando o cansancio que teño ahora, só destacar que...COMO MACHOTES ACABAMOS A CARREIRA. Contento estou coño!!!!
......(tamen ei de tardar en volver a facer algo asi...)

jueves, 12 de mayo de 2011

En la variedad reside el buen gusto...

Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 1 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 2 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 3 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 4 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 5 Día.
1 semana.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 1 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 2 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 3 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 4 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 5 Día.
2 semanas.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 1 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 2 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 3 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 4 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 5 Día.
3 semanas.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 1 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 2 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 3 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 4 Día.
Café-Traballo-Café-Comida-Café-Traballo-Café-Casa. --> 5 Día.
4 semanas.
1 mes.
...
...
...
...
6 meses...
2 anos...
10 anos...
46 anos...
47 anos...
E así ata os 65 anos, que máis quixeran algúns;
Agora é ata os 67 !!.
Qué desgracia, chico!!!!

lunes, 9 de mayo de 2011

Fodorrio!!!

"Os corpos non son tan duros, coma nós parece", así empezaba unha das frase míticas que me dixeron ó longo da miña mais recente historia. Pois aínda así,non damos aprendido.
Despois de levar cerca de un mes sen ningún tipo de exceso, pois.. puxemos ó limite o noso maravilloso corpiño, na Boda de Tripi e Jeola...
Así foi "ires y venires", de todo tipo de reaccións químicas.
O que é a boda en si, pódese considerar de que transcorreu sen ningún tipo de incidente, pero neste caso a boda queda en segundo plano. Despois da séptima copa, a realida perdía as súas faccións e convertiase nun ente difuso. En estado lamentablemente etílico, sacáronme da zona de baile....(xa con todo rematado e coas luces encendidas...), e metéronme nun coche dirección Malpica.
Do que pasou no coche, poco hai que contar.
Chegados a Malpica, e non tendo dabondo cas oito horas de inxesta continuada de alcol, ¡Tiñamos que seguir.. bebendo!!, ufff, Desgraciado ril, que che tocou padecer nesta vida ó lado do teu amo!!.
Dous charpaciños foron os culpables da "caída do imperio", a realidade volveuse cambiante...e perdímolo norte........
Todo esto sería un mero chiste, senon tiveramos presente "The day after", amenizado pola maravillosa compañía do noso compañeiro de fatigas "Termal..." (...gin). Todo o día agarradiños da man o un do outro, un por pena e outro por necesidade.
Hoxe dous días despois, sigo Morto. Teño as transaminasas polos suelos e as "ojeras", polas nubes.
Todo dí, que será un lúns, longo, moi longo...

viernes, 29 de abril de 2011

Sanctus Week, patri nostri!!

E acabouse a semana Santa e con ela tódolos bos momentos, que nela se orixinaron.
Unha semana ascético - mística, dende monasterios ata pension de borralla, dende comidas típicas a emperedados debaixo dun sol abrasador, "al acecho de las moscas".
Moi ben, moitos km, moitos bos momentos ainda que houbo algun que outro malo, pero polo normal, "sabiamos a lo que nos enfrentábamos.". Vou ir pouco a pouco a ver se dou... explicándovos o percorrido realizado polo tronki. Hai que ter en conta que hoxe é Venres e onte fun de despedida profesional, enton non fai falla que vos mencione a actitude das miñas neuronas.
1.- Presenciando milagre, feito histórico e esperemos que irrepetible.
E necesario para realizar todo o "apatrullamento de la Mancha".

Desgraciadamente este proceso tivo que repetirse cerca dunhas tres veces mais.
2.-Sinónimo Toponímico.
Dende facía moitos anos, grandes espectativas se crearon entorno ó Nome do "CANADA". Múltiples foron as falacias e maravillas que se falaron do "EDEN", pero unha cousa era certa, existía nalgun recóndito paraxe nacional outra localidad rexentada polo mesmo e anxelical identificador "MALPICA"... e o TRONKI, tiña que velo.!!!

Malpica de Tajo, as doce da noite, nin unha rata pola calle, e alí tabamos nós...e o Tronki..Exquisita sensación...
Unha vez pasado os "previos", pois metémonos totalmente no meollo da cuestión, visitar Castilla la Mancha.
Entramos en Consuegra, pequeno puebliño no centro da provincia de Toledo. E que había ali???
3.- Los Gigantes del Quijote.
O Tronki, acababa de teletransportarnos a unha época de cabalos e caballerías, de "jovenes doncellas" e espadas afiladas, moi afiladas...!!.

Tal era a nosa ledicia, que por certo momento estivemos desbordados polo "maravilloso", recordo da Inquisición, e os contos de Caballerías, sentimento plasmado aki.
Necesitamos cerca de unha horiña para recuperarnos do noso estado de desbocado entusiasmo, e despois de darlle moitas voltas ó mapa de carreteras.. rumbo de novo...trazamos coordenadas falamos co tronki e el dixonos que non había problema, enton rumbo pa Cuenca.
4.- Cuenca, Patrimonio da Humanidade.

Cousa rarísma, casas colgantes de Cuenca, pa flipar!!. Casas colgando de precipicios.. e o mais gracios as señoras colgando calcetíns e calzoncillos dos "Maridos", pola ventana da cociña sobre unha altura de 100 metros....e a pregunta é, ¿Cando lles caia un ó piso dabaixo, cómo fan? Baixan en teleférico, pedilos?. Mooi curioso o tema, moi curioso.
Unha vez dentro de Cuenca, quedamos abraiados un martes, nunha das plazas centrales sobres as 11 da noite, petado de xente, de toda las idades tomando aas suas cañas...!! e nada e a idea xa era..¡Ta liada...!. Tal foi a nosa sorpresa, cando despois de encontrar cuchi-pension, con mascota de serie.
"Insecto ortóptero, nocturno y corredor, de unos tres centímetros de largo, cuerpo deprimido, aplanado, de color negro por encima y rojizo por debajo, alas y élitros rudimentarios en la hembra, antenas filiformes, las seis patas casi iguales y el abdomen terminado por dos puntas articuladas. ".
Pois sí.. unha cucarachiña en toda a súa plenitude...

Pois ó que ibamos, en cuestión de segundos toda esa xente desapareceu, cerráronse os locais,sillas recollidas e nós.. que no sabiamos ónde meternos, pero qué pasa?.. pois esto era o que pasaba.
Tabamos en semana santa, coño!!, e k hai en semana santa..???, pois Procesións de Santos...tabamos presenciando unha na súa plenitude. Abuelas co pañuelo pegado as pestañas, rapaciños mirando como choraban as avóas, sen entender nada..., e nós!
Demacrados despois de case 1000 km recorridos ali tabamos, mantendonos a base de cafeíños e manzanillas.
Sensacións cruzadas, invadían as nosas mentes.
Despois de ir po catre, xogar un pouquiño ca mascota que tiñamos na pensión e reflexionar de todo o vivido ese día, pois moita Calma espiritual era a que nos facía falla.
O día seguinte pola mañan, fomos en busca dela. Dese Karma, positivo, necesario e imprescindible.
5.-La ciudad encantada, y la ventana del diablo.
Poucas fotos quitamos nestes sitios, era tanta a nosa incredulidade que a cámara fotográfica quedou en segundo plano.
Santos, procesións, mascotas e paraxes idílicos era o co que nos tiñamos encontrado ata agora.
Pero necesitabamos maís, non nos chegaba con levar recorridos cerca de 1500 km, no lombo do Tronqui, que queríamos máis. E qué se fixo, pois rumbo pa...
6.- "Segobriga"
A cidade do acueducto, donde nadie no seu sano xuizo, despois de tar dous días tirados e sendo cerca das doce da noite, se acercaría...pero nós sí.!!..
Nós tivemos que ir, tirados en Segovia as doce da noite, chovendo, feitos polvo despois de conducir máis horas co reloxio, tivemos unha divina ansia de visitar Segovia.
Sacamos fotiños pertinentes, e cando observamos que quedabamos durmindo nos "felpudos", das casas pois, tivemos que meternos nun bareto segoviano.
E qué taban vendo, na tv..???, jajaj, A final da copa do rey, entre MERDRILES y CULOS!!.Eramos os unicos que apoiabamos ós cules...!!jejeejejje.
Cansados, feitos polvo e case cuns bos sopapos detras das orellas levamos.En fin.
Cafeiño + Redbull (mesa tres). Un pouquiño de aire e rumbo pa Gallaecia...
...
Esa era a idea, ata que gripamos a altura de Salamanca e houbo que parar en boxes...comentarlle ó tronqui, que lle parecia que descansasemos nas sus entrañas uns minutos.. e despois proseguisemos. A el no lle fixo moitas ganas...pero tivo que sucumbir a lo evidente, non había por onde collernos, e tivemos que aplastala orella nunha estación de mala muerte en Salamanca.
Despois.. todo foi de cor rosada.....chegamos vimos y vencimos.
..y esto estoestó estoestó estoestó estoestó amigos.!!!

viernes, 15 de abril de 2011

Puenting de Vida

Hoxe a 15 de Abril, inicio as miñas micro vacacións previas a semana santa. Parece que ata o día, está moito mais iluminado que de costume. Os paxariños piadores amosan o seu bonito pico, nas xeadas pozas, ("xeadas pozas", jjjj). O monótono fungar do venta vaise pouco a pouco diluindo ata chegar a un simple run run. Hoxe Ë VENRES. O fin de todolos males profesionales e o inicio de todolos males físicos. Ainda que "bienaventurado sea", despois de todas as cargas ás que fomos sometidos durante todo este tempo. Un mes horrible.., que amosa o seu final. Un mes oscuro e sombrío. Vida Insana!!!!. Un claro exemplo de insatisfacción personal podese ver nas fazañas que fixemos ó inicio de Mes en Noia....¡Tirarse dunha ponte, coño!!!, sí!!!!, Manda c....!!. Aqui algunha k outra fotiño...: Todos juapiños pa foto. ...pero unha vez fóra da barandilla todo cambiaba. Todos tiñamos o semblante parduzco, color cebola, característicos dos tecidos putrefactos. ..Pero sólo unha persoa é capaz de moverse como peixa na auga en situacións tan extremas como esta.... EL PODRE, llegado del más lejano oriente Este sí que sabe, acostumbrado a lanzarse dende alturas moito mais altas e perigosas, por unha lata de cervexa quente. Aqui o tendes en toda a súa magnitude. Grande ARS!! Moitos foron os momentos de terror, todo se encollía co paso do tempo. Unha angustia existencial rodeaba a nosa existencia. Ata as cousas mais materiais, se lles pressenciaba o disgusto. Asi quedaron os pantalóns de Davis, despois do salto. Con esto xa o digo todo....

martes, 5 de abril de 2011

Periplo en el Monte Pindo

Haciendo tiempo para que llegue el veranito y como los cuerpos ya no son lo que eran, pues tenemos que pasar los fines de semana, con aventurillas como las de llegar al Monte Pindo.
Desta vez eramos tres, INks, Porto y yo.
Inks quedó sin aceite a las primeras de cambio, produciéndose inevitablemente un desgaste prematuro en las coronas dentadas de su caja de cambios, llamada vulgarmente "GRIPAMIENTO". ("jripou!!")
Portiyo y yo aguantamos como jabatos, aunque al final, yo pedía auxilio al llegar a la cima.
Niebla, lluvia y fatiga no fueron suficientes para hacer que nos rindiéramos....pero casi.
Aquí unas fotos...



M-Clan y Fuel Fandango...

Varios fines de semana de tranki...viaje turístico al Teatro Colón, con mi inseparable amigo de fatigas. (El loco...Davis..), to see, M-Clan. No apuntaba maneras el concierto ya que por distintas cositas de la vida llegamos una hora tarde al concierto, aunque justo para escuchar las canciones más famosas..
Tranquilamente nos sentamos en nuestras butacas, las dos unicas butacas que estaban vacías en el teatro (prácticamente), quitamos nuestras cazadoras y nos acomodamos en nuestros asientos, pensando que iva a ser una tranquila velada. Hasta que vimos al Carlos Tarque, bebiendo "Charpaciños", en el escenario, saltando, andando literalmente a cuatro patas por el anfiteatro, bajando a cantar al lado del público...increible!!!.
Habia que verlo rodeado de "fiunchos", cantando "carolina", "Chamalle tonto!!". Un auténtico espectáculo, lo pasamos en grande... y eso que sólo pudimos disfrutar de cerca de una hora, dos para el resto de la gente.
Puntuación muy alta para para el concierto de M-clan.
La semana siguiente, creo recordar, que nos decantamos más por lo "sureño...", y fuimos al "LeClub" a ver Fuel Fandango grupo que en poco tiempo seguro que ha de llegar a ser un referente nacional, mezcla de electronica, flamenco, etc. Una insólita unión, pero que queda "como dios".
Nita, la cantante, cantaora de Copla en sus inicios....(TA dun bo ver.. que é moito con ela...!!" un bozarrón...ufff, en fin..
Y Ale Costa, cantante, coros, guitarra acustica, sintetizador, un puto crack vamos...y yo que pensaba que era uno más... y resulta que el tio, era uno de los fundadores del grupo de culto "Mojo Project", un crack alli tocando pa nosotros.. a tres metros.
Y el batería, que desgraciadamente no le sé el nombre, pues otro prodigio de la percusión...
Resumiento el "LeClub", se convirtió en todo un "Palacio de deportes de la comunidad de Madrid..", orgulloso de ver ese concierto en directo.
Os dejo una de las pocas fotos, que hice con mi maravillosa cámara de 6000 euros, de nombre Nokia.

Ummm, no estabamos para perder el tiempo dejando pruebas para la posteridad.
And the song say...: And I say no..mmmm!!

miércoles, 9 de marzo de 2011

Resultado carnavalesco.

Como sobran as palabras, desta vez vouvolo resumir en imaxes:
Venres (Tablao Flamenco):
Coa colaboracion de: Inks,Ciscus,Ars e Davis

Metido no papel...
Sábado (Escocia is comming..):

Sabado (noite...de "Puta china fina..."):

Coa colaboración de última hora de John Rambo, chegado dos lonxanos países de Oriente. E coa baixa de Ars ,por Defunción do Venres.
Luns: (No traballo...):
Profesionalidade ante todo.
Luns, pola noite de Trepa, sen pantalóns...buscando un ascenso fácil.


Pois aqui se resume o aburrido finde de esta semana.
Despois de varios dias de aguantar ós pesados disfraces..pois o corpo pagounas con creces.

Coitelo no corazón, ollos nas covas, cor blanquecina... Morrer e namais...

viernes, 4 de marzo de 2011

Venres de Carnaval

No currel, é triste facer tempo pa que chegue o dia.. pero ó fin aquí ta o "find du Carnaval..."!!
Toda a semana, sen ser capaz de mirarlle á cara o xefe nin os meus compañeiros, sen ser capaz de ir o café, tan só polo mero motivo de que a todos os imaxinaba con narices de paiaso, a algunha que outra con corninhos de demo, a outros disfrazados de "scream", coa guadaña ó lombo...( a un en particular...).
Foi duro aguantar a risa naquelas situacións, o xefe meténdoche a bronca de cousas que ó teu ver non tiñas ningun tipo de culpa [:-)], e el R que R, e ti, pensando, "meu deus, vaime clavar a gadaña o Scream este, ¡Mala chispa o confunda!.
Foron dias oscuros e sombríos que ó fin, acabaron!!.
Xa é carnaval!! tan só quedan (son ahora as 11:34) cerca de tres horas.. das cales unha como mínimo será de café!!. Todo se ve doutra cor, respírase compañerismo e bo rollo!!!, ata as blancas paredes do zulo este, parecen que colleron algo de colorido, quizas sexa o MOHHO!!ou quizas sexa eu, que xa alucino..!! a saber.. pero color teñen..!!
Todo e maravioso, de luz e de cor, diante quedan 5 días de duro disfrazamento.
Esperemos que estemos a altura da situación e sexa un macro-find pa non olvidar nunca!!
VIVA O CARNAVAL!!!!!!!!!!!!!!

Licor do nejhro cáfé...

Venres 25 de Febreiro, Lamatumbá na sala O Tunel.
Días concienciándose un, de que tería que ser un venres tranquilo.
O primeiro grupo "Loretta Martín", foi moi tranquiliño tanto, que só vimos a metade do concerto por deixadez da tropa.
As burbullas de cebada empezaban a fermentar no cocote de cada un de nós...e chegaron eles....Lamatumba, dúas horas de concerto + bis, cero minutos de descanso entre canción e canción. Cero personas paradas na sala e cero, cero minutos de aburrimento.
Daba igual que che gustase ou non esa música, respirabase bo rollo, ambiente Perro-flauta, propio de épocas estivais, facía a súa aparición no grupo ourensán.
Nenas e nenos, e nenas e nenas e nenas e nenos, bailando ó son da Verbena´s music de Lamatumbá.
Maravilloso momento, acompañados de boa tropa e bo rollo.
Quitando de que o acabar o concerto Sergio Manuel tronzou, e tivo que ir pa casiña....pero bueno gajes del oficio.

martes, 15 de febrero de 2011

A cabeza non para.

Baixando Alfonso Molina, vou en sexta, non en quinta non teño que reducir, coches pola dereita, pola esquerda o examinador facendo garabatos no puto papeliño que ten, o monitor cas mans na cabeza e poñendome enfermo, escoito voces que me din: "Solta o volante e acelera, cerra os ollos e acelera, acelera...!!!", empezo a sudar en frío, empezo a sufrir convulsións e nese momento no que xa teño pensado tirar do freno de man, cruzar o puto camión en Alfonso Molina vaixar del e mandar á merda os dous que ivan comigo....pois Desperto!!.
Todo foi unha pesadilla a tres días antes do examen...o despertador rise marcando as 04:30, a min non me fai tanta gracia. Os suores, non foron un soño, a cama ta empapada e eu, dos putos nerviso co corazon que me vai sair pola boca...
Intenton calmar, despois de dar un par de voltas na cama, chego a conclusión de que esa non é a solucion. Levantome como algo, e encendo a tv, ainda que duro un minuto con el encendida xa que o único que hai é anuncios de fregonas que limpan os techos e detras das estanterias e o cú das mascotas,etc.. e programas de consultorías espirituais do estilo: Mi marido ya no me quiere, hace cosas muy raras, qué puedo hacer pa volver a encontrar su amor...e o tipo que da a cara na televisión aguanta a risa como pode tira as cartas.. e lle di: "Te das cuenta?, llevais toda la vida juntos y no os conoceis, no te preocupes que te kiere mucho!!" jejeje , en fin. .quizas eu tamén tivera que chamar a eses sitios.
Vamos que apago a tv. e poñome a leer un puto libro as 5 da mañá.. na miña vida.. as cinco da maña.. fixera moitas cousas .pero nunca leer.. ¡Manda c...!
Moitas cousas se pasan pola cabeza....¿Ir correr? son as cinco da mañan..!kizas vaia preso.
¿ir a piscina? ata as 8 non abre a comedia esa.. e tar lendo tres horas, pois non sei qué dicirche...
En fin que gracias a dios, despois de tar un anakiño. zapateado no sofá, pois empezame a vir o sono.
A cama móstrase como un prato moi apetecible, intento saboreala. un pouco....e PUMBA!!!!, outra vez..despertador dando a BRASA!!, xa eran as 07:45, !Tempus fugit!!!.
A cruda realidad, estabame dando de ostias...!!! outra vez..!!!.

lunes, 14 de febrero de 2011

Po Tunel...

Venres, nin te cases nin te embarques..aburridiños tabamos ata que nos veu a idea de acercarnos ata a sala "O Tunel",a ver uns concertos e enredar un cachiño...!!
Madee e Nothink, eran os culpables de sacarnos das mantiñas do sofá...
Puntuais como reloxes suízos, alí estabamos....indigesta de cerveza ocasionou "idas e vidas" ó W.C. e eso á larga foi malo, moi malo.
Acabamos nos Zulos da zona bella da Coruña..ou eso dixeronme, dous días despois...
A ressaca ainda hoxe persiste..."os corpos xa non son tan duros como nos parecen..".
Non, non se pode andar asi ó mar...,esperemos aprender a lección pa proxima...

Dentro de dous finds --> Lamatumbá..
e dentro dun mes --> Reincidentes...

Jur jur...

Perreo Salmantino.

Un venres calquera, dunha semana calquera...11:45 Morto de askete no meu ámbito laboral... (como de cotío..).¡RING!,¡RING!,¡RING!, ¡Coooñoooooo!, sona o teléfono.. e ken sera logo???.
Ó outro lado da línea: -"Oye Jajo, que fas...pola tarde?
-Pois nada.
-Tamos tirad@s na capital...vesnos buscar..??
mmmmmm?, xa me cheiraba mal o asunto...pero bueno houbo que ceder...jjejeje.
O tronkito.. arrancou motores e veña pa Capital disfrazado de Salvador.
Chegada, recollida e missión cumplida, pero NON, NON chegaba con eso...senon que faltaba algo....qué sería de nós esee fin de semana.. ¿Comeríanos a piolla?, Non podia ser!!!. ninguén dos que taba alí, estaba polo labor de deixar ser deborado pola "piolla", enton xurdíu a idea: "Pa Salamanca?".
Centésimas de segundo tardamos en responder: Unha frase chegou pa encauzar o find.
"Tronkito, llevanos a Salamanca", e así foi.
En cinco horiñas tabamos aló....duas dejeneradas e mais un cumplidor....
Aire de pinchitos y raciones de ibéricos y vinitos (non houbo moitos, xa que a certas personas arkeábanselle as pernas...).
Primeiro día toma de contacto, micro perreo, e indigestión.
Segundo dia, máis toma de contacto, máis perreo e máis indigestión.
Tercer dia, inxesta masiva de medicamentos e indigetión de Kilómetros "to go home" + menos medio pulmón.
En resumidas contas, nin encontramos a rana, nin a calavera, nin nada de nada.. solo, "vinitos y tapitas...y pokitas horas de sueño...."
Unha imaxe vale máis ca mil palabras, pois aquí vos queda.

(Comentario visto nunha cova, cerca da catedral de salamanca)
P.D.: C. e máis eu votamoste moito de menos...."cama supletoria..."!!.
Quizais algun que outro volvamos..pero desta vez iremos precavidos ante as adversidades..., os almax e os termalgin, non faltarán!!!.

miércoles, 5 de enero de 2011

O ano do CONEXIÑO!!

Para os chinos este ano 2011...é o ano do conexo!!, e as culturas milenarias hai sempre que facerlles caso.
Pois non sei eu se vai ser ou non voa cousa eso do conexo... que haberlos ailos..pero....mellor sempre lonxe. Non che traen mais ca problemas.
Bueno, cinco días tardei en crear a nova entrada do novo ano. Non pasaron moitas cousas...dignas de ser mencionadas neste "noticieiro", senon que como e típico nestas fechas..algunha que outra parrafada hai que escribir.
Navidades blancas e frias...durmindo cos pés ó aire.
Fin de ano.....literalmente, xa non durmindo.
Ano novo...hibernando.
Lúns (3), volta o traballo!. E como se suele "diser", nunca peor, as mesmas caras os mesmos problemas e todo segue igual.
Os anos pasan.. e a "Trintena", empeza a aparecer polo horizonte, como néboa de Maio.
O Derradeiro ano antes, do cambio de díxito, esperemos que sexa, en todalas facetas un ano de cambio...........De cambio, de conexo?.
Só desexar saúde, e felicidade pa todos....e este ano sexa moi especial pa todos.. no mellor sentido da palabra.
Unha forte aperta pa tod@s.