domingo, 23 de septiembre de 2012

Just Married!!

Pois nada xuventude, finalizamos o verán cunha das bodas máis esperadas do ano, a do Gran Cebolas e mais a da Grande Eviña.
Soubose dende un principio que esa boda, non ía ser algo normal e protocolario, como podería ser calquera outra.
O día empezou normal, como todo los días, nos que tes bodas e te tes que disfrazar.

Moito postureo, moita apretadura de pescociño, coa garabata.
Pinchos na casiña rural de tella, e primeiros contactos coa "bella Donna", Eviña.
Estaba incrible, espectacular, unha pena que se casara...
A medida que o tempo pasaba, os índicios ian sendo cada vez, máis claros...
Superada xa toda a parafernalia da cerimonia, celebrada en Valarés de forma maxistral, moito canto, moito petardo, e sobre todo con moito sentimento.... Ali chorou todo o mundo, menos o "Cebolas", que taba tan "flan", que nin pa eso lle daba.
Xa tabamos sen darnos conta, metidos no papel de "desgraciados", infraxente...
Dunha boda, na que a maioría son futboleros  e Deivi, non pode saír, entre outras cousas, nada bo.

Unha auténtica obra de arte, a boda esta. Con tempo para todo, e chea de detalles.
Regalos ós novios,  regalos ós padriños e regalos a xente mais achegada.
Bailes dende o final do primeiro plato, coreografías dos camareros, mentras nos servian a comida, unha música acorde ca xente que estaba e co evento que representaba, uns invitados volcados en pasalo ben, e uns novios, en todo o momento disfrutando a tope da súa cerimonia.
Tan só dicir, que foi un día e unha noite, fantasticas, ainda que ahora esté escribindo esto, cun resacon que pon medo.
Unha boda, na que non se puido considerar tal cousa, senon. unha auténtica FESTA, e bo rollo!!.

¡¡FELICIDADES!! e que !!VIVAN LOS NOVIOS!!!



jueves, 30 de agosto de 2012

¡¡A Santísima, 2012!!

Sempre se vive por encima das nosas posibilidades. Hoxe en día, cos tempos que corren un xa non está para tres días de festas, "non - stop", como en aqueles maravillosos anos, nos que unha simple quedada entre amigos, orixinaba unha "liada", de dous días.
Ainda que festas señaladas como a "Santísima do Mar", é unha boa fecha para sacar a carbonilla, dese órgano que xa levabamos meses, coidando, o "fígado". "Dicho y hecho".
Propicio era este fin de semana pasado, para volver as andadas.
Un pouco de calma antes da tempestade, enton o venres "catre", e sábado, pois "hubo temita".
Sabado:
1. Ciscu`s House, con grata compañía e licor café del "gueno", ademáis de outros líquidos que eu creo que se se meten nun deposito de coche, este arranca.
2. Apatrullando Malpica, charlas eternas e razonamentos que non levan a nada ata altas horas da mañá.
3. Chamadiña ó movil, era meu pai. Tí qué, vas vir a casa ou ata o luns xa vai así!!. Dios bendito, que estres..!!, miro reloxio e ¡Pumba! as 13:00. correcto era hora de ir pa casa. Qué sabios son os nosos pais!!.
4. Volta á infancia, con balbuceos hacía miña nai., e ela "ala sí... vai pa cama.!!!.
5. 14:15 Tabamos en festas o que implicaba eso..., !!comida familiar!!,  volvíamonos a ver, cara a cara, ti mais eu, bos días Macheta!!. M: Joer Jajo, mira que fai tempo que non te vexo por aquí, pero xa vexo que segues como sempre!!, J: Pois sí, asi mismo, deixome caer de vez en cando por aki, pero pouca cousa...!!.
6. 14.30. Sentarse á mesa e loitar cas pestañas qeu se me cerraban, o "tenedor", tiña vida propia, e xa non falar da comida, aquelo era a Guerra!!!. Patacas por aquí, a carne que te mira mal, o pan que che morde un dedo, unha desfeita!!...e o peor de todo.. os ollos avizores da miña irmán ... !!tes resaquiñaaa?? jur jur jur!!!!!! Miña irmá... falamos xoves..!!.
7. No bandullo predominada ainda o líquido, 15.30 sonaba o movil, Ciscus al habla: "Vamoos ou qué..??!!!!".
E como di o dito popular, onde manda patrón, ...
Nos ponemos "juapos", e andando.. o resume do verán ante os meus ollos.
8. 16:15. No "Tania", el "Juan Sebastián el Cano", de Malpica ,todo taba a punto.
Os corpos taban sendo moi duros, "si no lo veo no lo creo...".
9. 17:00. La historia se repite. Ver punto 1, Cambiar Ciscus House por Tania´s boat, e o resto foi todo igualiño...
Ese foi o momento do verán, a "Ansiada procesión da Santisima Festa do mar".
Outro ano máís, e despois de cerca de 36 horas desperto (daquela maneira), aquelo convertíase nun momento de Gloria...
A procesión finalizaba, o fin de semana acababa, e o verán, moito ó meu pesar dicianos Adeus!!.
Tan so, e para que se vos faga a espera menos árdua ata o verán que ven, deixovos esta fotiño da procesión, de cómo un ser humano pode rozar a desfeita, disfrazado (do que quedaba) do mais grande, "Xulio Cesar".


Malpica Vincit!!!!!


Trinta.

Pois non quería, pero é inevitabel!!!, os anos pasan e o único que cambia, son as responsabilidades e a conta corrente, máís e a peor.
Pois nada lo dicho, trinta anazos, quen mo diría fai dez anos, colgado daqueles árbores en Ortigueira...
Ainda non empecei, pero agora supoño que terei que facerme socio dalgunha revista científica, ou de círculo de lectores, ou peor todavía empezar a ver "Intereconomía". Que esto é o que fan os "jrandes", ¿non?.
Xa se verá, ainda que ainda non tou moito pola labor, teño que dicir que ainda non cambiou moito o tema, entón se en próximos meses, esto non cambia, xa o me darei por vencido e esperarei enton ós corenta, pa formalizar, que tampouco hai tanta prisa, por facerse un home de proveito.
Visto lo visto, sobran homes de proveito.

miércoles, 8 de agosto de 2012

"Sayonara Veinty"

Mañá xa é.
Xa é o día menos esperado da miña vida.
O cambio de díxito (pola esquerda), na miña conta anual de anos.
É a fatídica chegada ós trinta.
O número que nadie espera chegar.
O número "revelión e salvación" ó mesmo tempo.
Nun acto de boa fé, cando se chega a esté limite, soémos facer un "flashback", da nosa vida, sobre todo da nosa "vintena", recapacitar e ver o que se fixo ben e o que se puido meiorar.
O meu resumo é; que do que me acordo, todo se puido meiorar.
Nos últimos sorbos do pouso da vintena, non moitas cousas teño claras, tan só que os Trinta, e se a vida mo permite, van ser a De-Generación ansiada, a prolongación da miña "dúas decenas".
Vai ser unha vintena, pero de tres decenas de anos.
Moitas cousas quedan ainda por facer, (esperemos que moitas delas malas...).
Tan so esperar, que haxa saúde, que me permita afrontar todo-los meus novos retos, que van ser moitos.
Hoxe toca chorar. Mañá serei un home novo, ."...con pelos no peito", como dicía a cancíón, cargado de enerxía e disposto a queimala "todita".
"Sayonara Veinty", foi un pracer disfrutar todo este tempo con vós. Non teades tristes, esto non é un "adeus" é un "ata pronto".


lunes, 16 de julio de 2012

Vamos pa Ortigueira, dícia "A Banda":


Polo normal, non trato no meu blog, de temas socio-cientifico-culturales, pera desta vez (e quizás, non sexa a última), vou facer unha excepción.
Este domingo, en plena crise do "Nordestazo Rock", despertei non por casualidade, no festival folk de Ortigueira.
Máis de 20 anos dando caña, perros e flautas, e nós nun pasado lonxano aportando o noso gran de area. Un festival considerado un dos "meirandes" festivais de música folk "du mundo". E formando parte deste evento, e non "sen querer", estaba a nosa "Bandiña de Malpica", unha pequena aportación ó festival, pero unha gran aportación para cada musico e familiar da banda.
Xa era a segunda vez, pero por "pura ignorancia musical", non puidera asistir á primeira. Acostumado a ver aqueles maraviosas bandas de gaitas que viñan do "cu do mundo", Irlanda, Escocia, Australia, Vigo, a saber, e eu zapateado, ca miña tenda de campaña e "dopado", esperando a que me viñesen recoller para volver despois dun find-folk demoledor, á vida normal.
Aquelas bandas, que che poñían os pelos de punta ó escoitarlle os sons que emanaban aquelas gaitas, aquel ritmo acompasado, aqueles tempos... Nunca pensei, que anos despois, aquelas bandas que ían en procesión polas calles de Ortigueira, unha delas sería, a banda do meu pobo, formada, non por un tal McArthy instremental director,McFlanagan, McRaddy, etc..., senon por nomes como Chaparreta Tol, Melisa, ... nomes coñecidos, veciños e incluso pola miña grande e única (por ahora) "irmancisma" Eviña.

Aquela situación resultaba incrible, toda Ortigueira, estaba bailando ó son da musica da "Banda de Malpica; AC.Malante", e o peor de todo, era que pedían : "OTRA; OTRA...". un momento maravilloso. Un público selecto caía rendido, pola música da nosa xente, estabamos entendendo o significado da palabra "Grandeza", estabamos entender o gran poder DA JAITA!! (permítense chistes fáciles)!!.
Eu taba alí para velo, quizas non moito en ialma, pero sí en corpo.
Eu podo dicilo: "¡¡¡Tiven en Ortigueira, vendo como a Banda de Malpica, ardía Ortigueira!!!".
Infinitamente agradecido de ver semellante espectáculo.
¡Sodes Grandes!
¡¡¡¡LUUUUUMEEEEEE!!!!

Nordestazo 2012

Pois non sei, realmente cómo calificar este fin de semana pasado. Foi...raro. Unha volta ós meus quince anos, a aqueles tempos nos que unha mañá de sábado era sinónimo de volta á vida social, de ver xente pola calle. A ver terrazas cheas de xente, colorido e ganas de pasalo ben.
Unha especie parentésis temporal, con todo o que nos está caendo últimamente.
Había xente en Malpica, un sábado pola mañá. ¡Que riqueza visual!. Non é de olvidar que foi un sábado moi duro, menos co domingo, pero moi duro de todas formas. O Nordestazo Rock, traía movemento ó pobo e consigo horas de preparativos para ter todo controlado na noite do festival. "Trejes e manejes", xente pa riba e pa baixo, ¡Malpica estaba viva!, pensei que non volvería a ver eso, o pobo deixaba de ser un condado do "vello espagetti western".
Alegría era o sentimento, que "pululaba" polo ambiente. Foi duro, tar na praia, tomando o sol, mentras os meus amigos, estaban organizando todo, pero neste caso a veteranía era un grao, e sabiamos que o que empeza ben, despois dunha tunda dun festival, acaba mal. Enton fomos precavidos, praia e descanso ata o momento da tunda.
O día estaba transcurrindo ben, solete, skarrallos, praia, e moito aceite de cenoira, todos sabíamos que iso ía cambiar.
As 20:00 zulu, tiñamos ordes de personarnos, no campo de batalla, nesta caso no peirao de Malpica. Preparados pa Guerra estabamos, notabase tensión no ambiente.
Todos tiñamos ganas de darlle pra diante ó tema e vernos xa dunha vez involucrados de forma irremediable. As 21:00, abrimos portas, xente pa dentro.
Quedei tonto, cando as dúas primeiras persoas que entran no recinto, van correndo coma galgos detrás da lebre, pra diante do escenario e alí se sentan a esperar que actúase o primeiro grupo. Esto empezaba a apuntar maneiras, estabase cocendo unha boa.
O recinto ia collendo de forma paulatina xente, no seu interior, o engranaxe esta totalmente engrasado, e todo empeza a funcionar. A máquina do "Nordestazo", empezaba de forma implacable, a ARRASAR!!!.
Licor de Café, foi o primeiro en caer en batalla, non aguantou a embestida, acabouse en nada. "Cubalibres, a fachuzos", eu, puxen moitos e eso que non daba feito, había outros que mi maaaaa, poñian copas como quen ata os zapatos, unha maravilla. A xente agusto e nós máis.
A noite transcurría mellor que o esperado, ata que nun momento da noite, percatome que son o único que tou poñendo copas detras da barra. Crearase no ambiente un "pause", a xente, non bailaba, non se movía, non pedia copas e os camareros, que era o peor de todo, non as servían, pero qué estaba pasando?. Unha voz feminina, que escoitaba detras miña diciame: "Que fas servindo copas, mira pa ahí!!!!", e enton sucediu: "Levantei a cabeza, mirei po escenario e ali estaba, diante dos meus ollos explicado o " Misterio de TRINIDAD", Toñido de poi, un "sulfatador" de calimotxo e Yara Lamas. Ela facendo un desnudo integral e T. de Poi sulfatandoa con calimocho. Música pos ollos. A xente o tal ver, tirábase o mar, era a imaxe real da última escena, da pelicula "El jardín de la alegría", era o mundo que se acababa, o Armaggedon. Nese momento, comprendino todo; "Son ben pobre, qué fago aquí?, eu tamen quero josaaaarr!!!".
Non podía ser, "un home é un home e un jato é un bicho", tiñamos que tar o que tiñamos que estar.
Cerrei os ollos, pra non ver, e doblei as orellas, metinas nos meus canales auditivos para non oir, negabame a sufrir desa maneira, puxen copas coma un enfermo, como se dun negocio familiar se tratara, ata cerca das 05:00 A.M.
O final todo acabou, o festival rematou, e a miña sensacion de "pobrismo", non dasapareceu.
Estaba pasando ante min, unha desas sensacións nas que dis: "Acabo de ter diante miña un dos meiores "directos",que quizas poida ver nunca na miña vida, e paseino poñendo copas", son ben pobre!!!.
Raramente a medida que se ia facendo o díaa, e ía vendo os "daños colaterales", do Nordestazo, unha extraña sensación de "bienhestar", me invadía, unha estraña sonrisa dibuxabase na miña cara. Por qué sorrís, es parvo?.
Hoxe lúns, as 10:00 e despois de 50 dl. de café, seí a qué era debido aquela situación; é a sensación que che queda, despois de rematar, un traballo ben feito.

viernes, 13 de julio de 2012

Fai tempo que non vos escribo, nada. Non vos teño olvidados o que pasa é que ando ca mudanza, o cole dos críos, a clínica de fertilidade da muller; o típico vamos que xa sabedes. Pois nada, unha entrada coma esta tiña que poñela, non se me podía escapar. Unha viaxa algo "rara", co meu amigo Portillo, pero que no fondo, foi unha viaxe moi gratificante e constructiva. Un acto de deshinibición necesario, despois da presión diario á que estamos sometidos. Céntrome e úbícovos: Barcelona, Parc del Forum, cañas a 4 euros, facendo tempo pa que tocase...Parov Stelar. Apatrullando o recinto resulta que tocaba de primeiriño de todos un puretilla sen camiseta ca pel toda caida.. e mais seco ca unha pasa, chamabanlle ó grupo IGGY POP, qué dicir deles... fiestón asi en Seco..., faltoulles a de "I´m a passanger", pero bueno.. moi pasables. Seguimos patrullando e encontrando o noso sitio, e zas en toda la boca, "DEpedro", un dos meus meiores descubrimentos do 2010, e ali taban.. tocando pa min, sen querer sabía mais do 75% das cancións. Qué sensación, beber, bailar e cantar con xeito...!!. Xa nada podía chafar esta noite, Gogol Bordelo, deron o máximo esperado, moito axudou a caña de 4 euros, ainda que tivo cojonudo. O climax, acercábase, Parov estaba a chegar. Momento cúlmen, momento cagarse, momento esperado, apaganse as luces. baixón anímico, e zas fogonazo e Parov nos vinilos e a sua maraviosa banda acampañandooo: A felicidade a un palmo de distancia...

viernes, 15 de junio de 2012

Facendo historia...

Nadie daría un peso por eles, incluso eu, a persona máis... do mundo. Pois ainda que resulte raro, equivoqueime. O Depor foi capaz de ascender nun ano, e voltar pa priemera División. Unha alegría enorme, e ahora a esperar que po ano que ven, non volva a descender. :-). Esta hinchada, nunca se rinde!!!!.

miércoles, 18 de abril de 2012

42.195 metros.

Soen dicir que na porta da trintena, un xa ten todo máis que controlado e tan so lle queda vivi-la vida da mellor forma posible. Os retos fanse na "veintena", e na "treintena", disfrútanse.
Paseos matutinos co "carri-tronqui", arroupando ó churumbeliño que non teña frío, xa que a muller te votou fóra da casa, porque ten que pasar a aspiradora e facer as camas e non quere a nadie no "fogar". Como quen pasea a súa mascota, ides os dous pola aceriña mortos de frío e sono, pero eche o que hay é a vida que elixiches, ou o peor de todo, ¡quizas non sexa a vida que elixiches senon a que che impuxeron!.
Gracias a deus, non todos, (por ahora..), somos así. Algúns os retos empezamolos a afrontar ós trinta, ou cerca deles.
O cambio de díxito pola esquerda na túa idade, implica moitas cousas, non só que as amigas de túa irmá te vexan como el "rockabilly anacrónico", senon que involuntariamente faiche pensar no teu pasado, e en qué tiveches queimando os teus días, en nada bo....obviamente.
Pois un dos efectos máis visibles desta lenta agonía, que é ter xa case o cambio de díxito pola esquerda, no meu caso é experimentar, todo o que non experimentei ata agora....¡mal vamos...!
Nesta entrada vouvos contar a miña primeira fazaña, que quedará marcada pa cando pasee ós meus netos, eu co tacataca e eles cas bicis con rodas lenticuladas, (bueno quizas pa aqueles tempos xa sexan, simuladores de bicis con rodas lenticuladas...), e poida dicir: "Pois no ano que cumplín trinta, fixen...".
Fixen...ou mais ben fixeronme facer... correr unha MARATON!!, e ben contento que quedei.
Foi un entreno semi-duro,xa que compaxinar traballo e training é duro e mais se é pa matadas coma esta. Pero bueno conseguiuse facer:

Da salida, arrancamos. Non as tiña todas comigo, cando empezamos xa que a semana anterior, pois padecin de todo, contracturas, gastroenteritis, dolores de cabeza...etc..(ahora dias despois doume conta de que era por que estaba cagado).
Ahora todo é moi bonito, recordando o que xa se fixo, pero como ben dín, que unha imaxe vale mais ca mil palabras, ...(imaxinadevos tres imaxes...)



Este é o resumo dos oito primeiros quilómetros, diluvio universal que nos caiu, empapados o resto dos 32.195 metros que nos faltan por recorrer.
Pero bueno grazas a deus, todo eso finalizou, moi bonita a experiencia ainda que me quedo cunha imaxe, en particular: A imaxe da personificación da agonía, do arrastramento humano elevado ó máximo nivel, ... a foto de chegada a META:

A meta, ansiado triunfo ó que non todos puideron chegar. "me encanta, ....".
P.d: Ahora vendo as fotos, toume dando conta que corro, cas pistolas desenfundades sempre, jajajaja. "ElGUERRU, the Shooter". jijijjiji.
Bueno, fose como fose, ahora xa ta listo, e ben contento que tou, tarderei en volver a facer algo así... (ou quizás non!!..), pero o que sí que ta claro que a 18 de Abril de 2012, ainda me quedan moitas cousas únicas por facer, antes de telos trinta.
Dios o queira, e me permita facer barbaridades destas ata os oitenta, despois...pasearei ós netos.

domingo, 8 de abril de 2012

1924 Angustias...

Semana Santa, polas nubes. Abordámolo pico Mustallar en pouco menos de tres horas.
Todo o que se fai en boa compañía resulta, moito máis "alentador" e moito máis completo.

Resultaba fácil pensar que todos, seríamos capaces de chegar ó cumio, ainda todos o intentamos non todos o conseguimos. Ainda que as ganas se puxeron todas no asador, en certos cosas non foron suficientes.
De todas formas, nestes casos, o mais importante é sempre o día que pasamos todos xuntos, os laios de desesperación de algún e os xuramentos doutros.
Bo día de superación, sen moito frío exterior pero con moita calor interior, xa que o que mais ou menos, todos tiñamos o "lombo pingando".
Encantado de abordar un "2000", con vós, e esperemos que se repita algunha fazaña destas moi proximamente.

viernes, 27 de enero de 2012

Ceíña de Naranxos


Despois de moito argallar, ó final conseguímolo. Arrexuntarnos todos de novo. Vidas dispares que se unían por un único propósito, volver a ver a aquela xente da cal estiveras tan aferrado na túa infancia, (para moitos a meior etapa da súa vida).
Alí tabamos todos cun sorriso de orella a orella toda a noite, ainda que a algún despois da cea o sorriso duroulle ata o domingo a medio día.
Foi unha gracia, unha ledicia, unha festa, volver a ver a esa xente, que nas súas vidas cotiás, son tan diferentes unhas das outras. Fillos por charpazos de tres dedos, cortinas e estores por ventanas sen persianas, pañales e cursos de premamá por nolotiles e san fermíns.
En fin unha gracia, de qué poden falar dúas personas, unha qué ten X fillos, e leva casada X anos cunha X persona e que leva cotizada a seguridad social XX anos..., con outra que leva X relacións ...fallidas, X termalgins na ialma debido a resaca do día anterior e X chamadas telefonicas para que alguen lle vaia buscar o coche..despois da cea???, pois DA SUA INFANCIA...do profesor... de turno... do alumno de turno, dos chandales de "yonkis", dos bocadillos de nocilla, dos bikiños sen malicia,...
e por todo eso éncheme de orgullo poder colgar esta foto no meu blog, e volver a vervos as caras a todos

¡Larpeiros, e moi GRANDES!!!

2012, Odisea en el Espacio..

Bos días, amijos!. Tardei en subir a primeira fotiño deste ano, sí, pero ó fin aquí a tendes..!! A primeira fotiño, e como non, de fin de ano. As cousas que empezan ben, seguro que acaban ben, ben de certo.
Faremos todo o posible para que así suceda, novos plans, novas metas, un novo futuro ábrese ante nós, e así o intentaremos que sexa.
Como se suele dicir, unha imaxe vale mais ca mil e pico de palabras, enton aquí a tendes, ainda coa soga ó "pescozo", tiraremos pa diante, ainda que aprete, tiraremos pa diante....