lunes, 16 de julio de 2012

Nordestazo 2012

Pois non sei, realmente cómo calificar este fin de semana pasado. Foi...raro. Unha volta ós meus quince anos, a aqueles tempos nos que unha mañá de sábado era sinónimo de volta á vida social, de ver xente pola calle. A ver terrazas cheas de xente, colorido e ganas de pasalo ben.
Unha especie parentésis temporal, con todo o que nos está caendo últimamente.
Había xente en Malpica, un sábado pola mañá. ¡Que riqueza visual!. Non é de olvidar que foi un sábado moi duro, menos co domingo, pero moi duro de todas formas. O Nordestazo Rock, traía movemento ó pobo e consigo horas de preparativos para ter todo controlado na noite do festival. "Trejes e manejes", xente pa riba e pa baixo, ¡Malpica estaba viva!, pensei que non volvería a ver eso, o pobo deixaba de ser un condado do "vello espagetti western".
Alegría era o sentimento, que "pululaba" polo ambiente. Foi duro, tar na praia, tomando o sol, mentras os meus amigos, estaban organizando todo, pero neste caso a veteranía era un grao, e sabiamos que o que empeza ben, despois dunha tunda dun festival, acaba mal. Enton fomos precavidos, praia e descanso ata o momento da tunda.
O día estaba transcurrindo ben, solete, skarrallos, praia, e moito aceite de cenoira, todos sabíamos que iso ía cambiar.
As 20:00 zulu, tiñamos ordes de personarnos, no campo de batalla, nesta caso no peirao de Malpica. Preparados pa Guerra estabamos, notabase tensión no ambiente.
Todos tiñamos ganas de darlle pra diante ó tema e vernos xa dunha vez involucrados de forma irremediable. As 21:00, abrimos portas, xente pa dentro.
Quedei tonto, cando as dúas primeiras persoas que entran no recinto, van correndo coma galgos detrás da lebre, pra diante do escenario e alí se sentan a esperar que actúase o primeiro grupo. Esto empezaba a apuntar maneiras, estabase cocendo unha boa.
O recinto ia collendo de forma paulatina xente, no seu interior, o engranaxe esta totalmente engrasado, e todo empeza a funcionar. A máquina do "Nordestazo", empezaba de forma implacable, a ARRASAR!!!.
Licor de Café, foi o primeiro en caer en batalla, non aguantou a embestida, acabouse en nada. "Cubalibres, a fachuzos", eu, puxen moitos e eso que non daba feito, había outros que mi maaaaa, poñian copas como quen ata os zapatos, unha maravilla. A xente agusto e nós máis.
A noite transcurría mellor que o esperado, ata que nun momento da noite, percatome que son o único que tou poñendo copas detras da barra. Crearase no ambiente un "pause", a xente, non bailaba, non se movía, non pedia copas e os camareros, que era o peor de todo, non as servían, pero qué estaba pasando?. Unha voz feminina, que escoitaba detras miña diciame: "Que fas servindo copas, mira pa ahí!!!!", e enton sucediu: "Levantei a cabeza, mirei po escenario e ali estaba, diante dos meus ollos explicado o " Misterio de TRINIDAD", Toñido de poi, un "sulfatador" de calimotxo e Yara Lamas. Ela facendo un desnudo integral e T. de Poi sulfatandoa con calimocho. Música pos ollos. A xente o tal ver, tirábase o mar, era a imaxe real da última escena, da pelicula "El jardín de la alegría", era o mundo que se acababa, o Armaggedon. Nese momento, comprendino todo; "Son ben pobre, qué fago aquí?, eu tamen quero josaaaarr!!!".
Non podía ser, "un home é un home e un jato é un bicho", tiñamos que tar o que tiñamos que estar.
Cerrei os ollos, pra non ver, e doblei as orellas, metinas nos meus canales auditivos para non oir, negabame a sufrir desa maneira, puxen copas coma un enfermo, como se dun negocio familiar se tratara, ata cerca das 05:00 A.M.
O final todo acabou, o festival rematou, e a miña sensacion de "pobrismo", non dasapareceu.
Estaba pasando ante min, unha desas sensacións nas que dis: "Acabo de ter diante miña un dos meiores "directos",que quizas poida ver nunca na miña vida, e paseino poñendo copas", son ben pobre!!!.
Raramente a medida que se ia facendo o díaa, e ía vendo os "daños colaterales", do Nordestazo, unha extraña sensación de "bienhestar", me invadía, unha estraña sonrisa dibuxabase na miña cara. Por qué sorrís, es parvo?.
Hoxe lúns, as 10:00 e despois de 50 dl. de café, seí a qué era debido aquela situación; é a sensación que che queda, despois de rematar, un traballo ben feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario