martes, 21 de septiembre de 2010

C-3569-AP

Nunha noite de insomnio, volveume a taladrar na miña cabeza aquel pensamento de culpabilidade, aquel desexo de retrocer no pasado e ter unha cámara de fotos, naquel xusto momtento, que traslaban ó "Pequeniño", para a U.V.I.
Os seus ollos tabanme dicindo, adeus, e eu non souben reacciónar. Eran tantas as sensacións, que bombardeaban a miña mente, que quedei colapsado.
¡Nunca mo perdonarei!.
Nin un simple recordo material teño, do que durante catro anos foi o meu incansable compañeiro de batallas. Un simple opel kadett 1.7d, que se convertiría co paso do tempo en parte de min, igual que un brazo ou un ollo.
Agora nesta entrada deste blog, e moitos anos despois, pois quero facerlle a miña especial homenaxe, a esas catro latas, que me guiaron sempre polo bo camiño..., ainda que algunha que outra vez, me deixara tirado, polas sendas do mundo.
Aquel "ferrumbre" que me coñeceu con dezaseis aniños, e que ainda taría comigo uns catro anos mais.
Vinte aniños ás súas espaldas e mais de catrocentos mil kilómetros, todo un especímen digno de alabanza.
Todo un precusor no mundo da seguridad; o sistema antiroubo, que tantas veces se puxo en funcionmento e que a tantos, amigos do axeno despois de entrar no pequeniño, se botaban atrás, dándose conta de que non existía nada dentro del, dos seus intereses...
Momentos inolvidables, pasados dentro del, fóra del, encima do capó, dentro do maletero...en fin, énchenseme os ollos de bágoas ó recordalo.
Ese saber estar, aínda hoxe non o volvín a ver en ningún compañeiro da súa especie.
Por onde pasaba, non deixaba a nadie indiferente, fose pola porta aboiada do piloto, polo tuvo de escape furado, ou polo cristal dianteiro partido, a todos impresionaba.
Todos querían ter un.Máis só un o tiña,¡¡ EU!!
Eu fora o afortunado, a galiña dos ovos de ouro, o trebol de catro follas, a vida sorríame, mais non a souben aproveitar e deixeina escapar.
Cántas lamentacións despois daquel día fatal, baixando o pequeniño nunha grúa, por "Villadebe", cantos días tirado na cama, pensando naquelo.
Mais a miña vida ten seguir adiante, e non me podo estancar no pasado.
¡O pasado só é eso, pasado!, entón teño que ser forte e tirar pra diante.
Só podo prometer unha cousa; o "Pequeniño", será parte de min sempre e nunca o olvidarei.
¡¡Un gran abrazo, curman, onde queira que estés!!, ALWAYS ON MY MIND!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario