martes, 24 de mayo de 2011

Reflexións dun martes...

Estamos a 11.26, dun martes calquera. Este fin de semán descendiu o Depor a Segunda división, un baixón que te cagas!!. Manda C.., nunca fun moi futbolero, pero o sabado no estadio, case choro e todo, incrible o que pode facer ver a 22 tíos pegandolle patadas a un balón.
Hoxe Martes, a vida segue. Seguimos no traballo, como fai case 5 anos e todo igual, (desgraciadamente). Dentro de media horiña máis ou menos levantareime deste cuchitril e irei tomar un cafeiño a ver se me despexo un pouco, e empezo a deleitarme das maravillas da vida. Un bo día de sol, por exemplo.
Traballo casa, casa traballo, e así durante moito tempo, (e ainda que non me gusta, teño que dicir, que nunca peor. Hainos moito peor ca min!!).
Esperemos que a medida que vaia pasando a semán, cambie tamén a cor dos días e do noso ánimo.
Pa este fin de semán hai moitos, bos planings, esperemos que non se "fodan", por algún tontería.
Corto e cerro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario