viernes, 27 de enero de 2012

Ceíña de Naranxos


Despois de moito argallar, ó final conseguímolo. Arrexuntarnos todos de novo. Vidas dispares que se unían por un único propósito, volver a ver a aquela xente da cal estiveras tan aferrado na túa infancia, (para moitos a meior etapa da súa vida).
Alí tabamos todos cun sorriso de orella a orella toda a noite, ainda que a algún despois da cea o sorriso duroulle ata o domingo a medio día.
Foi unha gracia, unha ledicia, unha festa, volver a ver a esa xente, que nas súas vidas cotiás, son tan diferentes unhas das outras. Fillos por charpazos de tres dedos, cortinas e estores por ventanas sen persianas, pañales e cursos de premamá por nolotiles e san fermíns.
En fin unha gracia, de qué poden falar dúas personas, unha qué ten X fillos, e leva casada X anos cunha X persona e que leva cotizada a seguridad social XX anos..., con outra que leva X relacións ...fallidas, X termalgins na ialma debido a resaca do día anterior e X chamadas telefonicas para que alguen lle vaia buscar o coche..despois da cea???, pois DA SUA INFANCIA...do profesor... de turno... do alumno de turno, dos chandales de "yonkis", dos bocadillos de nocilla, dos bikiños sen malicia,...
e por todo eso éncheme de orgullo poder colgar esta foto no meu blog, e volver a vervos as caras a todos

¡Larpeiros, e moi GRANDES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario