domingo, 31 de julio de 2011

Eu sobrevivín ó 3º Nordestazo Rock.

TUNDISMA, é a palabra que difine o estado no que "pulularon" pola vida as personas que estiveron traballando no Terceiro Nordestazo Rock.
Pola mañá, "sardiñada e xurelada", e eu facendo de "fogonero", avastacendo as dúas parrillas que había e que non daban a basto de sacar peixe pas "jaivotas". De arriba, Un sol abrasador, caía sobre nós e de abaixo a calor da "cachela", queimándonos as pestañas, e no medio, nós, unha tira de carne, seca e queimada, que nin o máis famento dos cans comería. Aquelo, como ben diría o noso amigo "John..", "era un inferno".
Despois de fartarnos de facer racións de peixe pos "invitados", empezaba a "Operación champú", limpeza de cara, á "helipista" do porto, para deixala ben "juapiña", para os tralleiros.
Breve momento "en coma", na praia, e as 21:00, volta a empezar.
Servir copas, como dexenerados, de 23:00 a 05:00, "non stop". ¡Na miña vida, cousa ó paso vin!, esperávase xente, pero NON tanta!!. E xusto o ano que máis xente había, taba eu na barra, pa poñer copas, vaia por deus.
Bandadas de Orcos-Tralleiros arrasaban por onde pasaban...nin xeo, nin vasos, nin bebida, nin tickets, nin nada. Quedouse sen unha existencia.
Os conxeladores valeiros, as caixas dos tickets (recollidos) repletas, as "llagas" dos dedos das mans de "escunchar" refrescos, enormes; os abridores, incandescentes pola fricción,...en fin ¡Ver pra crer!.
O finalizar o festival, o chiste non fixera máis ca empezar. Montañas de vasos, se divisaban pola esplanada do porto. Rañaceos de caixas de bebida (vacía), se amosaban no horizonte, un "Kaos" total, o fin dunha asoladora guerra, un campo de hormigón devastado por centos de tralleiros saltando ó unísono, unha "Gran putada, pos que tiñamos que rocoller..".
Entre xuramentos, soplidos e o lombo entablillado, foise levando a cousa bastante ben, e pa cerca das 07:00, xa estaba todo case "empatenado".
Despois, reptando; puidemos chegar á "ruta da parrochiña", e pedir unha maxi-copa, que soupo a "jloria divina". O líquido baixaba pola gorxa, como auga de Maio, e ó chegar ó estómago, ... home ó chan, "en coma", EXITUS!!. Toda a túa vida pasaba por diante dos teus ollos, mentres o corpo empezaba a flotar. Unha estraña sensación de formigueo, che ía trepando polas pernas, o son das conversacións dos teus compañeiros, esvaecíanse progresivamente ata chegar ó mais profundo dos silencios.
Era o efecto dunha "copichuela", un mero líquido alcólico, que baixo os efectos do "Nordestazo", multiplicaba en ti, a sensación de benestar.
Remataba entón pa ti, unha noite máxica, divisando os primeiros raíos de sol, cas "Illas Sisargas" de fondo de pantalla, e os teus amigos dicíndoche: "¿tas ben?...¡¡¡tas palido...!!!! ;-).
Noite Meiga-tralleira, en Malpica, so dicir que hoxe, lúns, como dícia a canción "hoy, no me puedo levantar, el fin de semana me dejó fatal..", moitos serán os palabras que se utilicen para describir esta terceira edición do Nordestazo, pero só unha mostrará en toda a súa plenitude o devastador efecto do Nordestazo.
¡TUNDA!.

1 comentario:

  1. Scaloni121/8/11 09:28

    FELICIDADES POR UNA NOCHE BRUTAL¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar