domingo, 31 de julio de 2011

Eu sobrevivín ó 3º Nordestazo Rock.

TUNDISMA, é a palabra que difine o estado no que "pulularon" pola vida as personas que estiveron traballando no Terceiro Nordestazo Rock.
Pola mañá, "sardiñada e xurelada", e eu facendo de "fogonero", avastacendo as dúas parrillas que había e que non daban a basto de sacar peixe pas "jaivotas". De arriba, Un sol abrasador, caía sobre nós e de abaixo a calor da "cachela", queimándonos as pestañas, e no medio, nós, unha tira de carne, seca e queimada, que nin o máis famento dos cans comería. Aquelo, como ben diría o noso amigo "John..", "era un inferno".
Despois de fartarnos de facer racións de peixe pos "invitados", empezaba a "Operación champú", limpeza de cara, á "helipista" do porto, para deixala ben "juapiña", para os tralleiros.
Breve momento "en coma", na praia, e as 21:00, volta a empezar.
Servir copas, como dexenerados, de 23:00 a 05:00, "non stop". ¡Na miña vida, cousa ó paso vin!, esperávase xente, pero NON tanta!!. E xusto o ano que máis xente había, taba eu na barra, pa poñer copas, vaia por deus.
Bandadas de Orcos-Tralleiros arrasaban por onde pasaban...nin xeo, nin vasos, nin bebida, nin tickets, nin nada. Quedouse sen unha existencia.
Os conxeladores valeiros, as caixas dos tickets (recollidos) repletas, as "llagas" dos dedos das mans de "escunchar" refrescos, enormes; os abridores, incandescentes pola fricción,...en fin ¡Ver pra crer!.
O finalizar o festival, o chiste non fixera máis ca empezar. Montañas de vasos, se divisaban pola esplanada do porto. Rañaceos de caixas de bebida (vacía), se amosaban no horizonte, un "Kaos" total, o fin dunha asoladora guerra, un campo de hormigón devastado por centos de tralleiros saltando ó unísono, unha "Gran putada, pos que tiñamos que rocoller..".
Entre xuramentos, soplidos e o lombo entablillado, foise levando a cousa bastante ben, e pa cerca das 07:00, xa estaba todo case "empatenado".
Despois, reptando; puidemos chegar á "ruta da parrochiña", e pedir unha maxi-copa, que soupo a "jloria divina". O líquido baixaba pola gorxa, como auga de Maio, e ó chegar ó estómago, ... home ó chan, "en coma", EXITUS!!. Toda a túa vida pasaba por diante dos teus ollos, mentres o corpo empezaba a flotar. Unha estraña sensación de formigueo, che ía trepando polas pernas, o son das conversacións dos teus compañeiros, esvaecíanse progresivamente ata chegar ó mais profundo dos silencios.
Era o efecto dunha "copichuela", un mero líquido alcólico, que baixo os efectos do "Nordestazo", multiplicaba en ti, a sensación de benestar.
Remataba entón pa ti, unha noite máxica, divisando os primeiros raíos de sol, cas "Illas Sisargas" de fondo de pantalla, e os teus amigos dicíndoche: "¿tas ben?...¡¡¡tas palido...!!!! ;-).
Noite Meiga-tralleira, en Malpica, so dicir que hoxe, lúns, como dícia a canción "hoy, no me puedo levantar, el fin de semana me dejó fatal..", moitos serán os palabras que se utilicen para describir esta terceira edición do Nordestazo, pero só unha mostrará en toda a súa plenitude o devastador efecto do Nordestazo.
¡TUNDA!.

viernes, 29 de julio de 2011

Nordestazo Dreams.

Nordestazo Rock in Malpica (city without laws, ;-)). Os "mijos", este ano celebran o terceiro ano do festival, esperemos que todo lles vaia ben. Dende aki dar unha mostra de afecto a toda a organización. Ojalá que nadie quede sobado no "Backstage", cos pés encima dunha mesa, ou k beban algún dos barriles de cerveza destinados ó público.
Eu estaría alí, se deus quere, facendo cumpli-la ley!!.
Moita forza Tralla, e outro anos máis eu espero poder dicir:
"Eu sobrevivín ó 3º Nordestazo Rock!!!".

Festa Da Dorna (Ribeira).

Xente, Xente, Xente, sombreiros de palla, "Ray-ban" sen cristales, moito vermú, Jitarras españolas de catro cordas, campings no cú do mundo.
Este podería ser "el sueño de una noche de vera-no", pero non, foi a bendición da find pasado, a Festa da Dorna. Este ano non vimos a Toñito de Poi, co corniño na Testa, pero bueno tivo ben de todas maneiras.
Xente xoven, con ganas de pasalo ben, moitas comparsas e moito colorido.
Moita Dorna, sí señor, (sinto non por fotos, pero ultimamente tou dun lordchan k non vexades).

domingo, 17 de julio de 2011

San Xoán

En Malpiquiña este ano.. e moi pero que moi ben.
Cousiña familiar, pero moi curiosiña. Boa compañía, área maior e jorxeo.
E fóra meigas. Totalmente purificados. Queimada divino tesoro.